Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2025 | Actualizada ás 10:51
Unha incidencia na catenaria interrompeu o tráfico ferroviario na estación de Ourense durante dúas horas e media á primeira hora da mañá deste xoves. O problema iniciouse ás 05,45 horas e foi liquidado ás 08,14 horas, cando se reactivou a circulación entre as estacións de Ourense e Santiago, segundo trasladaron fontes de Renfe.
En total, víronse afectados catro servizos de media distancia Avant e un de longa distancia (Avlo).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.