Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2025 | Actualizada ás 17:29
O Equipo Roca da Garda Civil de Ourense, no marco da Operación Anelmiña, detivo este mércores a un veciño de 57 anos de idade de Castrelo do Miño como presunto autor de dous delitos de roubo con forza (na mesma vivenda) o dias 2 e 14 de outubro onde se apoderou de xoias e diñeiro por valor de 1.850 euros.
O presunto autor é veciño das victimas e accedía á vivenda polo tellado, retirando tellas e movendo o illante do falso teito. As xoias foron localizadas pola Garda Civil nunha compravenda de ouro de Ourense.
Segundo explican nun comunicado, o detido ten antecedentes por roubo e fora arrestado pola Garda Civil o pasado 25 de Setembro na Operación Stepasou na que se lle imputaron un roubo nun establecemento comercial e tres roubos en grao de tentativa en Castrelo de Miño.
Durante a mañá deste xoves o detido pasou a disposición xudicial do Xulgado de Ribadavia, que decretou a súa liberdade con cargos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.