Viaxes para grupos de franceses á Galicia Celta de Carlos Núñez

Unha aventura fantástica que foi relatada en Galicia Confidencial dende o seu inicio. Primeiro con aquel chío en twitter, logo naquel concerto do gaiteiro universal no Zénith Nantes en 2014 e posteriormente en Inglaterra no verán de 2015. A aventura continúa cun proxecto moi importante para atraer ó turismo francés a Galicia.

Por Homo ambulans - Guido Álvarez | Lugo | 11/03/2016

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

Aínda hoxe cústame contar sen esquecer detalles esta historia formidable que comezou no 2014 en Nantes. Vale a pena tirar de hemeroteca e acudir a aquel primeiro artigo do Zénith, ó segundo preparando a viaxe á Inglaterra meridional do verán 2015, ou ó terceiro e último contando as aventuras inglesas.

Un chío, un rechouchío, uns ingleses marabillosos, unha nova amizade, o incrible encontro con Carlos, o tour galego con Sonja e John Davison, as Chapel Sessions, o festival de Wickham... e agora este novo e apaixoante capítulo francés.

Non digo nada novo se digo que Carlos non só é un músico de primeiro nivel mundial. Ben sabido por todos é que o gaiteiro Núñez é tamén un embaixador galego a todos os niveis. Un comunicador, un transmisor, un divulgador e un baluarte da nosa cultura. Este verán descubrín algo máis... é un auténtico promotor  do noso turismo! E aí acendeuse a chama deste incipiente proxecto.

Moitas conversas, moita planificación, moitos preparativos... e veilaiquí está “La Galice Celtique de Carlos Núñez”, un novo paquete turístico que lanzamos dende Viajes Mundo Galaico (a axencia de Lugo na que traballo) para promocionar dende xa mesmo en Francia e máis alá.

Xa comezamos a propagar nas redes virtuais e non virtuais, e o vindeiro 16 de marzo viaxaremos a París para acompañar ó grupo no seu tour franco-belga-luxemburgués que comezou o pasado día 4.

Cun stand propio en todos os concertos trataremos de captar a atención de franceses e non franceses para unha experiencia única que terá varias datas durante este 2016, pero unha moi especial entre o 7 e o 14 de xullo. ¡Compartindo parte da viaxe co propio Carlos!

552139_396151673825712_999837618_n

Serán viaxes para grupos e cada un dos 8 días terá a súa propia personalidade. “Lugo: o bosque sagrado”, “Ribeira Sacra: viticultura heroica e ancestral”, “A Mariña: a Galicia máis bretoa”, “Camiño de Santiago e do Finisterrae”, “A lenda de Breogán e do Campus Stellae”, “A pegada celta na vella Gallaecia” e “O paraíso chámase Illas Cíes”.

A historia milenaria, a maxestuosidade das paisaxes galegas, a Galicia de Maeloc, o Camiño de Santiago, as lendas celtas, o patrimonio histórico, as marabillas naturais da nosa terra... non faltará detalle!

Seguiremos compartindo aventuras, seguro á volta de Francia, e quizáis tamén no medio da aventura... que Galicia triunfe na France! Da man de Carlos Núñez o éxito está asegurado!

552139_396151673825712_999837618_n


Guido Álvarez Parga (Lugo, 1985). Guía Oficial de Turismo de Galicia e axente de viaxes en Viajes Mundo GalaicoDiplomado en Turismo, máster en Planificación e máster internacional en Paisaxes Culturais. Percorrido formativo e laboral en varios países europeos (Francia, Alemaña, Italia e Reino Unido).

www.guidoalvarezparga.com

Twitter: @guidoalvarezp / Páxina de FB: guidoalvarezp / Flickr: guidoalvarezparga

Máis artigos de Guido Álvarez aquí.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Guido Álvarez Guido Álvarez Parga (Lugo, 1985) Diplomado en Turismo, máster en Planificación e máster europeo en Paisaxes Culturais. Percorrido formativo e profesional en varios países europeos, actualmente traballa en Francia. Entre as súas experiencias destacan o seu traballo durante tres anos nos observatorios turísticos do CETUR (Santiago de Compostela) e a súa participación nos programas de estudos Maclands, Leonardo e Erasmus. Blogue Twitter