Pontevedra encabeza a provincia con máis vivendas turísticas en Galicia, máis de 19.000 en toda Galicia

Así o indica unha estatística do INE.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2025 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

Pontevedra encabeza a provincia con máis vivendas turísticas en Galicia, con máis de 19.000 a novembro de 2024 en toda Galicia, segundo datos da estatística experimental do Instituto Nacional de Estatística (INE).

A nivel estatal, España contaba con 368.295 vivendas turísticas en novembro de 2024, o que supón 28.588 menos que en agosto do pasado ano (-7,2%) pero 16.906 máis (+4,8%) que en febreiro. No caso de Galicia, a novembro do ano pasado, había un total de 19.676, delas 7.156 na Coruña; en Lugo, 2.679; en Pontevedra, 8.721 e en Ourense, 1.120

O principal obxectivo desta estatística experimental é estimar o número de aloxamentos de vivenda turística que hai en España, así como a súa capacidade, para dar resposta á demanda de información sobre esta materia.

Aloxamentos turísticos
Aloxamentos turísticos | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta