Detidos os asaltantes dun piso de Sada que agrediron violentamente ao propietario

Primeiro atárono e logo mallaron nel.

Por Erik Dobaño | A CORUÑA | 24/01/2025 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo a tres persoas pola súa presunta implicación nun roubo con violencia cometido o paado 23 de novembro nun domicilio de Sada, cuxo morador foi brutalmente agredido e atado de pés e mans con bridas. Segundo informou a Comandancia da Coruña, os feitos ocorreron de noite, cando dous homes e unha muller entraron na vivenda e inmobilizaron á vítima con bridas, que declarou que os homes o golpearon brutalmente seguindo as ordes dela.

Os veciños deron a alerta ao escoitar os grutos de auxilio provinientes do piso. Cando os axentes chegaron ao lugar atopáronse ao morador do inmoble tendido no chan, con múltiples lesións, e atado de pés e mans. Na súa declaración, o home explicou á Garda Civil que esa noite unha coñecida súa acudira ao seu domicilio e, nun descoido, deixara a porta aberta, o que facilitou a entrada doutros dous individuos. Estes o amordazaron e ataron, e propináronlle unha malleira baixo as ordes da muller.

Ademais, os asaltantes rexistraron todas as estancias da vivenda e levaron un teléfono móbil, un cartón sanitario, un cartón de débito e diñeiro en efectivo. Horas despois, cando os delincuentes xa fuxiran, a vítima logrou liberarse da mordaza e gritar para pedir axuda, e ser trasladado a un centro hospitalario.

O Equipo Territorial de Policía Xudicial (ETPJ) de Betanzos asumiu a investigación dos feitos. Grazas á identificación da muller implicada e ás descricións física dos dous homes, a Garda Civil centrou as súas pescudas en "tres sospeitosos habituais da zona".

Así, comprobaron que o cartón roubado fora utilizada nunha estación de servizo próxima, e iso permitiu confirmar a identidade dos tres implicados no asalto. A Garda Civil detivo a dúas deles nas inmediacións, e o xulgado de instrución 3 de Betanzos decretou para eles prisión provisional sen fianza. O terceiro implicado fuxiu a Portugal, pero cando se tivo coñecemento do seu regreso, grazas ás xestións realizadas na súa contorna, foi localizado e detido tamén, o pasado luns. Igualmente, o xulgado decretou o seu ingreso en prisión. Os tres están investigados polos delitos de roubo con violencia, lesións e detención ilegal.

Axentes da Garda Civil
Axentes da Garda Civil | Fonte: GARDA CIVIL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta