O Goberno di que Galicia "leva con absoluta tranquilidade" a presión migratoria

Aasegura que vai "escoitar" as protestas de migrantes en Monterroso para "dar solución".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2025 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, asegura que se van a "escoitar" as protestas realizadas polos migrantes que chegaron ao municipio de Monterroso para "darlles solucións a esas demandas que poidan ter".

A preguntas da prensa sobre a protesta do pasado martes dun centenar de migrantes que se encerraron nun hotel de Monterroso para denunciar o trato que reciben por unha ONG, o delegado indica que "hai máis de 100 persoas convivindo, por tanto, neste tipo de situacións poden darse certas friccións, sobre todo no caso de que hai persoas que se está tramitando o asilo, e nesas tramitacións de asilo hai algunhas que, efectivamente, non cumpren os requisitos legalmente establecidos".

Incide en que se lle denega o asilo a "aqueles que non cumpren", aínda que se vai "dar unha solución a todo o mundo". Blanco remarca que se trata dunha "situación de emerxencia humanitaria" na que Galicia acolle aos migrantes "cos brazos abertos". "Hai unha colaboración interinstitucional eu creo que admirable, sobre todo se o comparamos con outras comunidades autónomas", agrega.

Aínda que "non para" a "presión dos inmigrantes que están a chegar a Canarias e de Canarias están a vir cara á península", opina que en Galicia se leva "con absoluta tranquilidade". Considera que "aquí as cousas están a facerse medianamente ben".

Varios migrantes á súa chegada ao hotel, en Ribeira de Piquín
Varios migrantes á súa chegada ao hotel, en Ribeira de Piquín | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta