Por Europa Press / Redacción | Lugo | 22/02/2025 | Actualizada ás 16:30
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo unha reunión co alcalde de Xove, José Demetrio Salgueiro, para analizar novas vías de colaboración en materia de atención a maiores e persoas con discapacidade no municipio.
Segundo informou a Xunta de Galicia, o Goberno autonómico financia 75 prazas públicas en distintos recursos de atención a maiores en Xove. Ademais, no último ano destináronse 50.000 euros aos bonos de coidado no fogar no municipio.
A conselleira tamén lembrou que nos últimos anos o concello recibiu unha achega próxima aos 50.000 euros para mellorar a accesibilidade e reforzar a seguridade dos accesos ao centro cívico e ao xardín municipal.
Durante o encontro, ambas as partes manifestaron a súa disposición a seguir colaborando para impulsar novas iniciativas que melloren a calidade de vida dos veciños do municipio, especialmente daqueles en situación de vulnerabilidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.