Rueda farto das críticas contra Altri: "Aquí cada día aparece unha nova acusación"

"Eu estou convencido de que imos cumprir coa lexislación ambiental", di o presidente galego sobre o proxecto.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/02/2025 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

O futuro de Altri será decidio polos "técnicos". Uns técnicos que os sindicatos din que é "persoal de confianza" do PPdeG elixido entre funcionarios afíns e que, desde a Xunta, insisten na súa imparcialidade e profesionalidade. O presidente galego repite unha e outra vez que son os técnicos os que teñen a última palabra sobre a instalación da fábrica da megacelusoa portugosa en Palas de Rei.

Manifestación contra o proxecto de macrocelulosa de Altri en Palas de Rei, celebrada o 15 de decembro de 2024 en Santiago de Compostela
Manifestación contra o proxecto de macrocelulosa de Altri en Palas de Rei, celebrada o 15 de decembro de 2024 en Santiago de Compostela | Fonte: Álvaro Ballesteros¡

Con todo, o presidente da Xunta amouse este luns canso das críticas de entidades veciñais, partidos políticos e, sobre todo, colectivos ecoloxistas tras as últimas denuncias efectuadas pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Esta entidade denuncia que a Xunta acometeu "unha mutilación moi substancial da zona de amortecimiento ao sueste da Serra do Careón", algo que atribúe á intención de "favorecer a Altri", pola planta que o grupo portugués pretende implantar en Palas de Rei (Lugo).

"Eu estou convencido de que imos cumprir coa lexislación ambiental. Cada día aparece unha nova acusación. Pero aquí miramos todo desde o punto de vista legal. E o que se decida será aceptado tendo en conta todos os parámetros. Todo o que se di de Altri non é certo e remítome a decisión dos técnicos", foi a resposta de Rueda tras o Consello da Xunta deste martes.

O presidente galego amosou dar síntomas de estar un pouco farto das continuas críticas a este proxecto industrial. "É unha denuncia de entidade concreta·", dixo ao tempo que insistiu en que son os técnicos os que avaliarán o resultado final da DIA. E faron en función de numerosos parámetros e sen nigún atisbo de ilegalidade", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta