Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 05/04/2016 | Actualizada ás 09:15
O nome de Xosé Manuel Beiras comezar a xurdir con moita insistencia para encabezar unha posible lista das mareas ás autonómicas. Un candidato que tampouco vería mal Podemos. Así o deixou claro a deputada de En Marea no Congreso, Ángela Rodríguez, que considera que o líder de Anova é un "referente" na política galega, e non descartou a posibilidade de que sexa o candidato.
"Beiras é libre de dicir o que lle apeteza con respecto ao seu futuro", dixo Rodríguez a preguntas dos xornalistas en Pontevedra. En todo caso, puntualizou que “o proceso de cambio que se abriu en Galicia e que debe crecer nas próximas eleccións estará encabezado por un candidato ou candidata que sexa elixido en primarias”,
"Será a cidadanía quen deba tomar decisións respecto diso e non ningún partido político. Para nós iso é unha prioridade", engadiu a deputada que está, actualmente, inmersa nas primarias de Podemos Galicia. Un proceso que afronta, dixo con "deportividade e elegancia”. "Desde a nosa candidatura temos ganas de gañar, senón non nos presentariamos", engadiu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.