Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/03/2025 | Actualizada ás 17:58
A Xunta recupera a contorna fluvial do río Lérez, ao seu paso polo Concello de Pontevedra, coa plantación de especies autóctonas de ribeira e a eliminación de invasoras. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, percorreu este sábado a senda que transcorre entre a estación de bombeo de Monte Porreiro e a presa de Bora.
Alí, explicou que o Executivo galego destinou máis de 250.000 euros á restauración fluvial desta contorna coa plantación de preto dun cento de exemplares de árbores autóctonas de ribeira e coa eliminación de especies exóticas invasoras como falsas acacias e mimosas.
En concreto, segundo dixo a conselleira, actuouse nunha superficie de 13,5 hectáreas nun tramo de 3,5 quilómetros co obxectivo de dotar aos veciños da cidade de Pontevedra dun espazo de lecer verde moi próximo aos seus domicilios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.