Evacuado en helicóptero un home tras quedar atrapado debaixo da roda dun tractor

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/03/2025 | Actualizada ás 20:44

Comparte esta noticia

Un home tivo que se evacuado no helicóptero medicalizado con base en Ourense tras quedar atrapado debaixo da roda dun tractor nunha leira á beira da AG-51, en Soutolobre, en Salvaterra de Miño.

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 16.00 horas deste sábado e o home, que estaba consciente e foi liberado polos veciños, foi evacuado ao hospital de referencia, posiblemente, cunha fractura de perna. No operativo participaron os Bombeiros-GES de Ponteareas, Bombeiros do Porriño, Garda Civil e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Helicóptero de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 / 061  / Europa Press
Helicóptero de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 / 061 / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta