Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2025 | Actualizada ás 16:47
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) animou a doar sangue estes días con motivo das festas de Entroido. Nun comunicado, sinalan que se necesitan entre 400 e 500 doazóns de sangue todos os días para cubrir as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos. A todas as persoas que acudan a doar entregaráselles un doce típico destas festas.
As unidades móbiles estarán, o luns 3 de marzo, en Praza de España (Ferrol), Campo da feira (Carral), Bº. Peruleiro (A Coruña), rúa Progreso, 42 (Silleda), Alameda (Esteiro), xunto á antiga Casa do Mar (Bueu), diante do Concello (Nigrán), Sanxurxo Badia, 200 (Teis -Vigo), detrás da Praza da Catedral (Mondoñedo), rúa do Paseo, 37 (Ourense).
O martes 4 de marzo estará na Alameda de Raxoi (Pontedeume), praza europa (O Burgo-Culleredo), praza do Recheo (Ponteceso), praza Chavián (Bertamiráns-Ames), cabina de información (Área central Fontiñas-Santiago), praza España (Zona da Ferraría-Pontevedra), xunto ao colexio (Ponte Caldelas), rúa Jesús Valverde (Baiona), urbanización San Eleuterio (Tameiga -Vigo), rolda dás Fontiñas, 168 (Lugo), diante do C. Saúde (Quins - Melón), parque de Melón (Melón).
O mércores 5 de marzo estarán en Praza do Carmen (As Pontes), Catro Camiños (A Coruña), praza Castelao (Corcubión), parque Rosalía de Castro (Melide), diante do Concello (Rois), casa do pobo (Tenorio), diante do centro de saúde (Moaña), estación de autobuses (Gondomar), praza maior (Lugo), edificio Gran Sol (A Cañiza).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.