Os funcionarios critican a Xunta por non querer pagar a paga extra do 2013

A Xunta de Persoal denuncia que o Goberno galego está a atrasar o máis posible o seu pago con recursos innecesarios que todos os tribunais rexeitan.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/04/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Persoal funcionario dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia acusa á Xunta de Galicia de estar embarcada nunha espiral de recursos co obxecto de atrasar "todo o posible" a paga extra suprimida no 2013 "sen máis espectativas que gastar os cartos da cidadanía en reclamacións estériles xudicialmente".

Concentración de funcionarios en San Caetano
Concentración de funcionarios en San Caetano

"Non ten ningún sentido alongar esta situación e gastar recursos públicos, tanto económicos como humanos, en pleitexar contra os seus propios administrados e administradas cando o que se pretende é agochar a ineficacia política que supuxo aprobar os orzamentos, e por ende o recorte que supuxo o específico nas extras, no ano 2013", denuncian os funcionarios nun comunicado no que lembran que a Xunta está perdendo todos os recursos.

Por iso, esíxenlle, "canto antes", o reintegro da parte devindicada das pagas extras do ano 2013, para "aforrar custos e recursos públicos á cidadanía galega en pleitos sen sentido contra seu propio persoal".

Xa no ano 2014 o TSXG fallou favorablemente as reclamacións subsidirias destes colectivos, tanto da Administración xeral da Xunta de Galicia como dos diferentes entes instrumentais autonómicos. Nestes casos non se admitía a devolución do total do recorte nas pagas extras do 2013 (sobre un 5% da masa salarial) pero si da súa parte devindicada ao entrar en vigor a Lei de Orzamentos dese ano o 1 de marzo.

Así mesmo, dende o pasado ano 2015, no ámbito do persoal funcionario dos corpos xerais da Xunta de Galicia, estanse a xerar multitude de sentenzas individuais que fallan na súa totalidade a favor das reclamacións que o persoal funcionario está a presentar. En varias destas sentenzas estanse a producir costas que condean á Administración a pagos que chegan, en casos, aos 400 € por proceso.

Os funcionarios lembran que todos e cada un dos recursos presentados polo persaol da Xunta de Galicia, en todos os ámbitos (Ensino, Saúde, Persoal funcionario dos corpos xerais e persoal laboral) están dando a razón aos traballadores e traballadoras públicas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 CUCA

Pero despois votan ao PP