Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/04/2016 | Actualizada ás 19:15
A recén elixida secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, ten grandes retos por diante. O primeiro e urxente; a recomposición da formación, seriamente dividida tras as divisións dos últimos meses.
Precisamente, Santos ten como obxectivo máis urxente “reconstruír o partido en Galicia e "recuperar a ilusión" dos militantes. Por iso, o seu primeiro gran reto será sentarse a falar cos distintos sectores e ver como se pode constituír un consello cidadán e un consello de coordinación “máis forte". Por iso, recoñeceu que fará un esforzo por “integrar as distintas sensibilidades".
Yal e como suliñou durante a campaña electoral, a nova secretaria xeral ten como obxectivo fortalecer a estrutura de Podemos Galicia a nivel local e establecer unha estrutura comarcal. Por iso, tendeu a man aos seus dous rivais na contenda interna. "Son compañeiros de partido e traballarán connosco”, dixo en relación á deputada no Congreso, Ángela Rodríguez, e ao ex secretario xeral, Breogán Riobóo.
A nova secretaria xeral suliña que sempre mantivo unha boa relación coa dirección estatal. Por iso, próximamente reunirase co secretario xeral de Podemos e outros integrantes, como o número tres, Carolina Bescansa para analizar a situación en Galicia.
Tras os resulatdos, Riobóo felicitou a Santos. “Parabén a Carmen Santos polo apoio recibido por parte da xente de Podemos Galicia aínda que tamén criticou que gañou con moita abstención. Moito por facer para reducir o 85 por cento de abstención", dixo Riobóo a través das redes sociais. De feito, o anterior líder de Podemos en Galicia, que foi relevado pola dirección nacional, quedou en terceira posición, por detrás tamén da deputada Ángela Rodríguez, e co 17% dos apoios.
Pola súa banda, a deputada de En Marea e candidata á Secretaría Xeral de Podemos en Galicia, Ángela Rodríguez, tendeu hoxe "a man" á gañadora "para traballar desde o minuto uno" pola formación na comunidade. "Están claras as ganas de traballar en Podemos, témolas todos os que participamos nestas primarias. Estou convencida de que fará un bo traballo como secretaria xeral", dixo.
Tamén os inscritos de Bases Podemos Galicia destacaron a “valía e honradez” de Carmen Santos Queiruga. “Entendemos que debemos apartarnos ao carón e deixala traballar, que sexa ela quen teña un espazo, sen presións, de re-ordenar o partido uy polo á boia, tarefa difícil e custosa e que require algo de tempo”, apuntou este grupo nun comunicado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.