Temas: PCG AGE

O PCG tamén suspende de militancia ao traballador de AGE investigado por pornografía infantil

Esta formación, na que milita R.S., di que "lamenta e condena" este tipo de accións.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/04/2016 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

Primeiro foi AGE, despois EU e, agora, o Partido Comunista Galego (PCG) o que acaba de suspender de militancia ao traballor de AGE investigado por um presunto delito de pornografia infantil.

Alberto Garzón con Yolanda Díaz, Rubén Pérez e Eva Solla durante un acto do Partido Comunista de Galicia (PCG)
Alberto Garzón con Yolanda Díaz, Rubén Pérez e Eva Solla durante un acto do Partido Comunista de Galicia (PCG) | Fonte: blogdelviejotopo.blogspot.com

“Tras ter constancia de que a persoa afiliada ao Partido Comunista de Galicia, investigada por presuntos delitos de pornografía infantil, dende Partido Comunista de Galicia ratificamos a suspensión de militancia iniciada de maneira cautelar o día de onte”, apunta nun comunicado esta organización. O investigado, tras ser detido o pasado luns xa foi liberado con cargos.

O PCG anuncia que seguirá co proceso interno segundo o previsto nos estatutos e lamenta e condena “este tipo de conductas que transcenden o ámbito político e constitúen un comportamento indigno e incompatible co compromiso” dos seus “valores éticos”.

Temas: PCG AGE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

11 Eudogio

A culpa é do BNG.

10 Noivo

Yooooliiii. Tan malo é vivir sen poltrona que non dimites?

9 Gamela

Yolanda & Rubén teñen moito cargo !!! Rubén Pérez / Coordenador Local EU / Membro do Consello Político Nacional de Esquerda Unida / Delegado Sindical CC.OO / Membro do Comité Central do Partido Comunista de Galicia e Membro do Comité Executivo do PCG / Concelleiro e Portavoz Grupo Municipal Marea de Vigo no Concello de Vigo (en nómina de Abel Caballero!) // Por que será que "tanta política" non deixa ver o que teñen diante ??? E agora sabemos que os denunciantes en Ferrol foron EXPULSADOS por incómodos ???

8 Isidro

Pero Yoli Procesiones segue escondida, como Rajoy, e muda, como Rajoy

7 O Freire

Yolanda debe asumir responsabilidades, dimitir agora xa. O acusado foi cabeza de lista baixo o seu mandato, foi colocado no concello de Ferrol e no parlamento baixo o seu mandato, e foron expulsados tres militantes que denunciaron feitos semellantes en Ferrol baixo o seu mandato (responsable do comite de garantias). Por riba, acumular cargos e vivir da politica non semella exemplar, por iso a carreira de Yolanda na politica rematou. Ela que esixia aos demais, que se mire no espello e se responsabilice da sua amizade e de manter un protexido acusado duns feitos repugnantes (tanto como os do narcotraficante Marcial Dourado cos que atacara a Feijoo, con razon, pedindo responsabilidades e dimisions).