A Cooperativa de Armadores de Vigo e La Fe Seguros, Medallas de Ouro da cidade
O Pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves nunha sesión extraordinaria a concesión da Medalla da cidade e a designación dos Vigueses Distinguidos, cos votos favorables do PSOE e o PP, e a ausencia do BNG que abandonou a sesión como protesta pola "desvalorización" duns premios "secuestrados polo absolutismo sectario" de Abel Caballero.
Por Europa Press / Redacción | VIGO | 20/03/2025 | Actualizada ás 14:16