Temas: TOURADA TVE

Nova fronte contra as emisións taurinas na TVE

Varios parlamentarios galegos, entre outros, presentan unha iniciativa no Congreso para que se prohíba e emisión de touradas nas televisións públicas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/04/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Deputados pertencentes a varios grupos parlamentares do Congreso, entre eles dous galegos do grupo de En Marea, rexistraron unha Proposición Non de Lei que plantexa a necesidade de non permitir o retorno das emisións de carácter taurino en Televisión Española, despois do anuncio da corporación de retransmitir unha tourada o vindeiro 4 de Xuño.

Contra as touradas
Contra as touradas

Os deputados propoñentes denuncian que "a intención do goberno foi clara e directa: Promover a tauromaquia aínda que non contara co apoio da maior parte da cidadanía" con exemplos como a escasa cuota de pantalla que colletaría un programa protouradas "con cuotas de pantalla de tan só o 2,2%."

A iniciativa, plantexada pola plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas, enmarcase na campaña #TVEOFF que varios colectivos impulsan co obxetivo de que a canle pública deixe de converterse nun espazo onde se realice apoloxía da crueldade e do maltrato cara os animais.

Neste senso a PNL que entrou este xoves no Congreso pide o retorno das corridas de touros ao apartado de contidos non aptos para a súa emisión en franxas horarias de protección á infancia no Manual de Estilo de RTVE e tamén impedir as citadas emisións en horario protexido, co cal só se poderían programar fora do horario de 6 a 22 horas.

A proposta foi suscrita polo grupo parlamentar de Podemos-En Comú Podem-En Marea, coa sinatura dos deputados galegos Antón Gómez-Reino e Alexandra Fernández, ademáis da suma de Izquierda Unida-UP e Compromís, formacións adscritas ao grupo mixto do Congreso.

Temas: TOURADA TVE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Fartodenaziocomunistasindepes

A todos esos valientes habría que meterlos en una plaza con un toro bravo de Mihura o de Victorino Martín mientras los cobardes toreros como José Tomás, Enrique Ponce o Sebastián Castella miran desde el tendido rodeados de todos aquellos a quienes nos gusta la tauromaquia ¡Qué espectáculo más maravilloso!

1 Farto de subvencionar

Os que as queiran ver que paguen a entrada do seu peto. Xa está ben de subvencionar os caprichos de catro frikis.