O futuro do eucalipto en Galicia: a Xunta non ten claro manter a moratoria

"Supón o sustento de moitas familias pero ten que convivir con especies autóctonas", di Rueda sobre unha moratoria que remata este ano.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/04/2025 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

Eucalipto si ou eucalipto, non. Este ano remata a moratoria implantada pola Xunta para novas plantacións desta especie invasiva e, a día de hoxe, o Goberno galego non ten moi claro se continuará ou non. En xogo di, está o sustento de moitos galegos.

Árbores de eucalipto arden durante un incendio en Trabada
Árbores de eucalipto arden durante un incendio en Trabada | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Por iso, e preguntado ao respecto, o presidente galego dixo que será a final deste ano, cando venza esa moratoria, cando o seu goberno valorará "todas as circunstancias que concorren". Con todo, non foi crítico coa plantación desta especie. "O eucalipto supón o sustento de moitas familias pero tamén é certo que teñen que convivir con especies autóctonas", dixo ao tempo que aclarou, que as especies autóctonas, "as frondosas, ocupan máis que o eucalipto".

"Resulta curioso que aqueles que dicían que a moratoría non lles vaía, veñan agora dicindo que si vale e que hai que mantela", ironizou. Con todo, tamén quixo deixar claro que, polo momento, esa moratoria está vixente e os que a incumplan están suxeitos a sancións. "Cando hai plantacións ilegais son perseguidos...Terán o peso da administración", dixo

Así que, polo momento, a Xunta agardará a final de ano. "Tomaremos unha decisión vendo todos os intereses en xogo", concluíu. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta