Rueda ante os riscos para a saúde de Altri: "Quero transmitir tranquilidade. Confío no traballo dos técnicos"

O presidente da Xunta di descoñecer os efectos para a saúde que pode ter a megaceluososa de Altri na Ulloa.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/04/2025 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

neurocientífica galega Sonia Villapol, que traballa no Texas Medical Center de Houston, onde é investigadora principal e profesora, di que a megacelulosa Altri pode causar asma, bronquite crónica, EPOC ou deterioro cognitivo. Parra a doutora, non cabe ningunha dúbida de que, "dende unha perspectiva de saúde pública, a instalación da planta de Altri na Ulloa representa un risco real e inaceptable"

Varias persoas protestan durante unha manifestación contra a empresa de celulosa Altri, a 26 de maio de 2024, en Palas de Rei
Varias persoas protestan durante unha manifestación contra a empresa de celulosa Altri, a 26 de maio de 2024, en Palas de Rei | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Nunha entrevista no GC, sinala que a análise detallada do proxecto Gama, xunto coa ampla evidencia científica dispoñible, indican que "unha exposición aos contaminantes que esta macrocelulosa xeraría, así como ás verteduras ao río Ulla, podería ter consecuencias severas tanto para os traballadores da fábrica como para a poboación da contorna". E é que "estes axentes están claramente asociados a un aumento da incidencia de enfermidades respiratorias, cardiovasculares, neurolóxicas e oncolóxicas, así como a efectos sobre o desenvolvemento infantil, a saúde mental e o benestar da comunidade". 

Preguntado a este respecto na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente galego, Alfonso Rueda, dixo descoñecer estes posibles efectos e volveu da insistir no "traballo dos técnicos". "Volvo a reivindicar o traballo dos máis de 20 técnicos que participaron a redacción da DIA", di sobro o informe positivo de impacto ambiental. 

Rueda insistiu en transmitir "tranquilidade" entre este proxecto que rexeita moita oposición. "Existe esa opinión e haberá outras e eu me remito á profesionalidade dos técnicos que decidiron que era un proxecto viable", limitouse a respostar. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta