Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2025 | Actualizada ás 15:07
Os prezos das exportacións galegas aumentaron un 3,1 % en febreiro en relación ao mesmo mes do ano anterior, mentres que os das importacións diminuíron un 1,9 %, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE). Atendendo á clasificación por destino económico, os prezos dos bens de consumo exportados subiron un 6,2 % os dos bens de capital fixérono un 1,4 %. En sentido contrario, os prezos dos bens intermedios caeron un 1,4 %. Nas importacións, os prezos dos bens de consumo repuntaron un 3,7 % e os dos bens de capital creceron un 6,4 %, aínda que os dos bens intermedios rexistraron un retroceso interanual do 5,5 %.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.