Envían ao Consello de Dereitos Humanos da ONU a situación de "emerxencia" do galego

A Mesa e a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) aproveitarán o exame periódico universal ao Estado español un mecanismo do Consello para analizar o grao de cumprimento dun Estado dos dereitos humanos, no que se contemplan informes emitidos por ONG especializados na materia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2025 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

A Mesa e a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) levarán este martes ao Consello de Dereitos Humanos da ONU a situación de "emerxencia" da lingua galega.

Así, este martes comezará nesa cidade o exame periódico universal ao Estado español, segundo informou A Mesa, un mecanismo do Consello para analizar o grao de cumprimento dun Estado dos dereitos humanos, no que se contemplan informes emitidos por ONG especializados na materia.

A Mesa foi unha das organizacións que rexistrou un informe sobre as vulneracións dos dereitos lingüísticos "que se están producindo no Estado español, neste caso en Galicia, e en ámbitos como a educación, os servizos públicos ou a xustiza.

Este informe, xunto cun manifesto do profesor da USC, Carlos Quiroga, apoiado por figuras relevantes da cultura da lusofonía, será presentado ás 13,00 horas no Palais des Nations de Xenebra polo presidente da Mesa, Marcos Maceira; a vicepresidenta, Elsa Quintas; e o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez.

No acto tamén participarán representantes doutras entidades de defensa das linguas do Estado español, como Euskalgintzaren Kontseilua, Òmnium Cultural e a Plataforma per a Llengua.

O presidente da AELG, Cesáreo Sánchez; un representante do EIE, Joxemari Carrere, e o presidente da AELC, Sebastià Portell, na presentación do manifesto pola protección das linguas catalá, vasca e galega
O presidente da AELG, Cesáreo Sánchez; un representante do EIE, Joxemari Carrere, e o presidente da AELC, Sebastià Portell, na presentación do manifesto pola protección das linguas catalá, vasca e galega | Fonte: FEDERACIÓN GALEUSCA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta