Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2025 | Actualizada ás 13:45
A Xunta de Galicia publicou, a través do Diario Oficial de Galicia (DOG), as datas da realización dos exames para a obtención dos certificados de coñecemento en lingua galega Celga, que se celebrarán entre o 10 e o 31 de maio en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid.
Segundo trasladou o Goberno autonómico nun comunicado, trátase da primeira convocatoria deste 2025 e está centrada nos niveis Celga máis solicitados, o 2, o 3 e o 4. A maiores tamén se realizarán en Santiago as probas para o nivel 1.
Neste sentido, as probas para a obtención do Celga 4 serán os días 10 e 11 de maio no tres cidades, mentres que as probas para os niveis 3 e 2 serán os días 24 e 25 respectivamente. Finalmente, no caso do grao 1 será só en Santiago o 31 de maio.
En todos os niveis de acceso e no tres cidades a hora de comezo dos examenes está programada para as 09.00 horas da mañá. Así mesmo, en Santiago realizaranse os niveis 4,3 e 2 e na Escola Galega de Administración Pública o nivel 1. En Ponferrada, serán na Escola Oficial de Idiomas da localidade, mentres que en Madrid, os examenes serán na Casa de Galicia.
As listas definitivas das persoas admitidas poden consultarse no Portal da Lingua Galega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.