O histórico pazo de Faramello, en Rois, afectado por un lume

O incendio iniciouse nun cuarto pero o fume afectou a todo o edificio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2025 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

Un incendio no Pazo de Faramello de Rois  obrigou aos servizos de emerxencia a intervir á primeira hora da mañá deste venres. Segundo informa o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña, foron os efectivos do parque provincial de Boiro os que se desprazaron ao lugar.

O lume afectara a unha das habitacións do inmoble, mentres que o resto do edificio encheuse de fume. Debido á magnitude do incendio, mobilizouse tamén o parque de Ribeira, aínda que finalmente volveu á base mentres se desprazaba ao momento. No operativo tamén se contou coa a colaboración do GES de Padrón e da Garda Civil.

Lume no Pazo de Faramellos
Lume no Pazo de Faramellos | Fonte: GES Padrón

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta