Méndez Romeu formaliza a súa candidatura de aspirante a presidir a Xunta

É o gran rival de Fernández Leiceaga e contaría co respaldo de José Blanco, Pachi Vázquez e outros dirixentes socialistas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 06/05/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O deputado do PSdeG José Luis Méndez Romeu será o terceiro cargo socialista que formaliza a súa inscrición de precandidatura a presidir a Xunta nas próximas eleccións autonómicas. Unha decisión que toma logo de contar co respaldo dunha parte importante do PSdeG.

José Luis Méndez Romeu, portavoz parlamentario do PSdeG
José Luis Méndez Romeu, portavoz parlamentario do PSdeG | Fonte: cadenaser.com

Deste xeito, Méndez Romeu competirá con Xoaquín Fernández Leiceaga e Gonzalo Caballero, aínda que os tres dispoñen até o próximo 13 de maio para presentar un mínimo de 1.010 apoios de militantes, o que representa 10 % do censo total.

Méndez Romeu xa indicara nos últimos días a posibilidade de presentarse como aspirante a liderar o PSdeG nos comicios autonómicos galegos previstos para o próximo outono. De feito, amosouse moi crítico co seu gran rival, Fernández Leiceaga, ao que acusa de ser o candidato do antigo secretario xeral, José Ramón Besteiro, e tamén da dirección federal de Madrid.

Sen embargo, Méndez Romeu presentase como o candidato doutra parte do partido, a da vella garda, que lideran o ex ministro José Blanco e o tamén secretario xeral Pachi Vázquez. Contaría pois, co apoio de boa parte de Ourense e da provincia da Coruña. Desde este entorno tamén apuntan que o voceiro parlamentario tamén podería ser apoiado polo sector de Abel Caballero, aínda que desde Vigo desminten estas informacións.

Méndez Romeu ten unha ampla experiencia de case tres décadas en cargos públicos, primeiro no Concello da Coruña, no Parlamento de Galicia e na Xunta, onde exerceu de conselleiro de Presidencia, Administración Pública e Xustiza, Méndez Romeu aspira agora a desbancar ao actual presidente do Goberno galego e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, que aspira á súa reelección.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 galegoexiliado

Juventudes socialistas. Xoven sobradamente preparado pa renovar o partido e conectar coas novas xeracions de exvotantes. Mi poltrooooona, mi tesooooro.

1 Gamela

aquí temos ao Rubalcaba Galego! http://cabozo.com/taboext.php?grupo...