Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/04/2025 | Actualizada ás 13:05
Toda Galicia, igual que toda a Península, e zonas de Francia permanece paralizada por un corte xeral de luz que comezou arredor das 12.30 horas da mañá e que está xerando unha situación de caos sen precedentes. Distintas fontes apuntan a unha sabotaxe. Distintos testemuñas informan de incendios en transformadores. Polo momento, ningún sistema con electricidade funciona, agás os que están con transformadores. Os hospitais manteñense grazas a xeradores de enerxía, igual que institucións públicas e universidades. A caída eléctrica afecta a grandes empresas. A industria está paralizado. Grandes empresas manteñen actividade mínima con xeradores.
TRENS PARALIZADOS
O sistema ferroviario permanece paralizado e entre os usuarios dos trens instalouse a incerteza, a preocupación e comezaron as queixas pola "falta de alternativas" para poder continuar as viaxes. Estas foron algunhas das sensacións que se rexistraron xa na estación de tren de Santiago de Compostela, onde os traballadores deron por feito que se realizarán reembolsos, pero aclaran que non poden ratificalo coa central porque non dispoñen de comunicación fluída. "Non nos dán alternativas", "non temos información" e "non sabemos que facer" son algunhas das expresións máis repetidas por viaxeiros consultados por Europa Press, que non son quen de decidir cal é a vía que máis lles convén, ao non saber canto tempo se vai prolongar a situación, e ao ser "insuficientes" os taxis e os autobuses.
Si hai unha certeza en que non haberá "penalizacións" por cancelar os abonos, pero a algúns viaxeiros preocúpalles non poder contactar coas súas familias e "o único" que está sobre a mesa oficialmente é que a circulación suspendeuse "indefinidamente" e "non se sabe cando volverá a funcionar" o sistema de trens. Segundo as consultas realizadas por Europa Press, o primeiro tren detívose arredor das 12.33 horas na vía da Coruña. Os viaxeiros puideron baixar porque as portas funcionan con xerador polo de agora. Nin sequera circulan os trens que funcionan con diésel porque non van os sinais. Unha das usuarias consultadas relatou que ía ao carón dun peregrino que non entendía "nada". "Non tiña cobertura, ninguén lle axudaba e tiveron que tratar de comunicarse con el porque ninguén daba explicacións", explicaba.
AEROPORTOS FUNCIONANDO CON XERADORES
O aeroporto de Lavacolla en Santiago opera con normalidade, grazas aos xeradores propios de enerxía, e a situación agora mesmo é de calma contida entre viaxeiros e traballadores; unha situación semellante á que rexistran nas terminais galegas da Coruña e Vigo. En xeral, os voos están aterrando e despegando sen apenas incidencias na capital galega, a excepción dalgún retraso que xa comunicaron aos pasaxeiros, como o que parte cara Tenerife ás 16.55 horas, de Vueling. Os usuarios de Lavacolla agardan, na súa maioría sentados e tranquilos, novas sobre o restablecemento do servizo eléctrico, e se este podería afectar aos seus plans de viaxe. Nalgún servizo complementario como o de aluguer de vehículos si se están rexistrando erros, probablemente a causa dos servidores.
COMÉZASE A RECUPERAR A TENSIÓN POLO NORTE E O SUR PENINSULAR
Arredor das 14.00 horas a Rede Eléctrica informou de que se estaba comezando a recuperar a tensión polo norte e sur peninsular, un movemento "clave", segundo explican, para poder atender progresivamente o subministro de electricidade. Aí o confirmaron a través da súa conta de X nunha publicación na que explican que o proceso de recuperación conleva a "enerxización paulatina" da rede de transporte a medida que "os grupos de xeración se acoplen".
TRÁFICO PIDE EVITAR DESPRAZAMENTOS
Ante a situación de caos, a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) pediu evitar os desprazamentos durante o corte da subministración eléctrica. "Debido ao apagón, pedímoslles que eviten circular na medida do posible. A falta de subministración eléctrica non permite o funcionamento de semáforos ou paneis de sinalización. Eviten desprazarse na medida do posible e moita precaución na estrada". Esa foi a mensaxe publicada a través da súa conta en X.
112 FUNCIONA CON XERADORES E PIDE NON CONTACTAR SE NON HAI EMERXENCIA
Pola súa banda, o servizo de atención ás emerxencias 112 Galicia continúa operando con xeradores de electricidade propios. Con todo, solicitou a través da rede X que o número se utilice exclusivamente en casos de emerxencia, coa finalidade de evitar a saturación das liñas. "Estamos recibindo chamadas relacionadas con cortes de luz na rexión. No 112 estamos operativos grazas aos grupos electróxenos propios. Empreguen o 112 só para chamadas de Emerxencia. #BomberosCM e #SUMMA112 comunícanse con normalidade coas súas bases". Esa foi a mensaxe publicada na súa conta de X.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- "É algo absolutamente excepcional"... Por que colapsou toda a rede eléctrica?
- Xente atrapada no HALO, fume negro na refinaría de Repsol, barreiras de tren baixadas, tendas pechadas... Consecuencias do apagón
- A Xunta convocará case 1.600 de emprego público entre maio e novembro deste ano
- 10 horas máis sen luz?... Red Eléctrica di que o proceso pode chegar a tardar ese tempo
- Sánchez preside o Consello de Seguridade Nacional en Moncloa, convocado de urxencia
- Tres patrullas da Garda Civil manteñen a busca do veciño de Frades desaparecido en Fisterra