As diferencias políticas saltan ao mundo empresarial

Caballero acusa a Jorge Cebreiros de usar a CEP “como unha sede do PP” e di que con el non se reunirá.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 13/05/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A división do empresariado galego chegou xa á area política. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este xoves duramente contra o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Jorge Cebreiros, ao que acusou de utilizar a organización "como unha sede do PP".

Abel Caballero, alcalde de Vigo
Abel Caballero, alcalde de Vigo

O enfado o alcalde veu motivado pola decisión de Cebreiros de entrevistarse co grupo municipal do PP e non co goberno local, algo que anoxou enormemente a Caballero. "Primeiro, nós non somos un grupo, somos o goberno (...) e non se nos invitou a ningunha reunión. Recibiríaos eu se o considerase, pero con este presidente do PP xa digo que non", dixo en alusión ao presidente da CEP.

Ademais, denunciou que Cebreiros "opera na CEP coma se fose unha sede do PP", o que acusou de "patético e lamentable", e apuntou que "as empresas de Vigo non merecen un presidente que antepón o seu partido e a súa militancia política á súa obriga".

Ao respecto das manifestacións de Cebreiros, sobre a preocupación dos empresarios ante a anulación do PXOM, o alcalde afirmou rotundo: "Dáme exactamente igual, non é un interlocutor con este Concello. Será con Feijóo, porque é do PP, nós tratamos con xente seria".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta