Temas: DVICIO

Ourense celebra o primeiro festival de comida sobre rodas 'Food Trucks'

Haberá actividades para todas as idades desde o venres ao mediodía até o sábado á noite. As furgonetas achegarán menús variados e de calidade: hamburguesas de boi, de pulpo, bocatas gourmet, crepes e as clásicas salchichas.

Por GC Tendencias | Ourense | 13/05/2016 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

Ourense celebra esta fin de semana o primeiro festival Food Trucks ou, o que vén sendo o mesmo, comida servida en furgonetas, unha modalidade que está en auxe en todo o mundo. O Posío será o lugar elixido para o evento, que reunirá unha ducia de furgonetas e que servirán todo tipo de menús, pero cun denominador común: a calidade. Lonxe do tópico da comida rápida, o festival pretende unirse á oferta gastronómica de Ourense.

Furgoneta de comida
Furgoneta de comida | Fonte: lafurgoneta.com

“Eu sempre lle digo aos nosos visitantes que Ourense é unha cidade de bo xantar, e os que pasaron por aquí nas últimas semanas ben o puideron comprobar logo do concurso de pinchos. Agora cambiamos de formato: un formato que precisamente está moi en auxe en todo o mundo e que por vez primeira chega á nosa cidade”, afirmou o alcalde, Jesús Vázquez.

As actividades comezarán o venres 13 á unha do mediodía e continuarán toda a fin de semana. A organización, que corre a cargo das empresas ourensás Litoria e Comecamiños, augura unha grande participación, ca que se trata de un evento no que hai cabida para toda a familia -haberá inchables, música ao vivo e “algunha que outra sorpresa”-. No mesmo sentido se manifestou o alcalde: “Combina, polo tanto, o lecer de pais e nais cos seus fillos, que é un dos obxectivos deste goberno municipal: conseguir unha cidade amigable para os nenos e as nenas e conciliar o tempo libre de toda a familia”.

Cada unha das furgoneta traerá un menú diferente, pero moi coidado tanto nas súas materias primas coma nas formas: haberá hamburguesas de boi, hamburguesas de pulpo, bocatas gourmet, crepes e, como non, as clásicas salchichas. No apartado dos doces, haberá unha furgoneta con xeados La Ibense, “todo un clásico da nosa cidade”.

Programa completo

Venres 13

10:00-11:00 reunión dos Food Truck na Zona de Oira

11:30-12:00 ruta en caravana polas seguintes rúas en dirección ao Xardín do Posío: Rúa San Silvestre, Rúa dos Canteiros, Rúa Vineteún, Avenida de Santiago, Ponte do Milenio, Pardo de Cela, Progreso, Xoan XXIII, Curros Enríquez, Avda. Habana, Progreso, Rúa Coruña, e acceso ao Xardín do Posío.

13:00 Apertura da Feira

18:30-21:30 Inchábeis infantís (Acceso gratuíto con tíckets por consumo na feira. En caso de choiva esta actividade non se realizará)

19:30 Inauguración oficial do evento cás autoridades

24:00 Peche da feira

Sábado 14

12:00 Apertura da Feira

12:00-14:30 Inchábeis infantís

13:00-14:30 Sesión Vermú

18:30-21:30 Inchábeis infantís

21:00-23:30 Sesión Musica Noite

24:00 Peche da feira

Domingo 15

12:00 Apertura da Feira

12:00-14:30 Inchábeis infantís

13:00-14:30 Sesión Vermú

18:30-21:30 Inchábeis infantís

24:00 Peche da feira

Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta