Unha web chama a unidade dentro do BNG

"Reflexións dun militante de base do BNG" é un blog xurdido tras o "Chamamento de Vidán" que insiste na validez do proxecto nacionalista e apunta que o BNG "non está esgotado" e é unha formación na que "collen todos".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/07/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"Son un militante do BNG desde hai bastantes anos. Son unha persoa militante de base; nada máis; nada menos. O meu traballo de base desenvólvoo na miña localidade, ao carón da xente e dos seus problemas, que non son poucos, especialmente motivados pola obrigada dependencia do pobo galego a respecto de España e das decisións políticas que se toman en Madrid, mais tamén na Unión Europea. Decisións que transformaron, para mal, o país no que eu vivo e traballo, e que empuxan a non poucas mozas e mozos á emigración, como ocorría hai 200 anos". Así comezan as "reflexións dun militante de base do BNG".

Manifestación do BNG no Día da Patria de 2014
Manifestación do BNG no Día da Patria de 2014

Este é o título dun blog que xurdiu esta fin de semana, curiosamente, logo de facerse público o xa coñecido como 'Chamamento de Vidán', no que case un cento de persoas, a maior parte delas militantes nacionalistas, apostan por crear as bases dunha "organización nacionalista de nova planta". Entre os asinantes deste manifesto están Carme Adán, Xavier Vence, Tereixa Paz, Ana Miranda ou Alba Nogueira, que reclaman un xiro na estratexia do BNG e das mareas. Como primeiro paso propoñen unha manifestación o 25 de Xullo común con "todos os galegos, galeguistas e nacionalistas".

O blog "Reflexións dun militante de base do BNG" foi xa compartido case un milleiro de veces nos poucos días que está activo. E, aínda que non está asinado por ningún militante concreto do BNG, as o manifestacións que fai están na liña das opinións oficias da Executiva nacionalista.

A "voz" dos galegos

Así, e tras destacar o papel do BNG ao longo dos últimos anos, critica que haxa intereses por que desapareza a voz dos galegos. E, neste sentido, coincidindo precisamente co "Manifesto de Vidán", critica os numerosos manifestos publicados desde o entorno nacionalista.

"Ao longo de todos estes anos tamén lin centos de manifestos críticos coa organización na que milito que prometían pouco menos que un paraíso terreal para a nosa organización. Vin cargos orgánicos que cuestionaron publicamente as decisións democráticas que aproba a militancia para ao final rematar de cabeza de lista do PSOE para as vindeiras eleccións Galegas. Vin militantes históricos que dicían que un día que eran do BNG até as cachas para ao día seguinte acabar indo da man dun partido español, que cun dobre discurso na periferia e no centro conseguiu engaiolar a non pouc@s incaut@s. Alá eles!", indica.

De feito, compara ao BNG cunha muller maltratada. "O BNG é esa muller que xa non atura máis malleiras. Estamos nun momento crítico, claro que si, pero a solución aos nosos problemas non pasan por escribir o enésimo manifesto para poñer unha vez máis a organización en carne viva, acaparando titulares que se lle furtan á intensa actividade institucional da organización na que milito", engade.

No BNG "collen todos"

Por iso, e tal e como ten suliñado a Executiva do BNG, insiste en que no BNG "collen todos", sen necesidade de fundar novas forzas nacionalistas. "Para min segue a ser a casa común do nacionalismo. Traballemos para mellorala aproveitando o Proceso Adiante que se puxo en marcha hai uns meses, tendo o consenso como horizonte, pero respectando as decisións democráticas que aprobamos entre todas e todos, só así avanzaremos e melloraremos, o resto son paus nas rodas", recolle.

E, a pesar dos problemas, esta reflexión iniste en que "o BNG non está esgotado". "Que ninguén confunda o seu esgotamento ideolóxico persoal coa da organización na que milita ou simpatiza. Como dixen, non é doado ser nacionalista nun país como o noso que nas pasadas eleccións xerais o 94,55% do electorado votou a forzas políticas de ámbito estatal. Con estes datos tan demoledores o doado é entregarse, no canto de seguir pelexando por unha Galiza mellor e con futuro, que o ten, logo de que o BNG se levante da última malleira recibida, que agardemos sexa a derradeira".

O autor do blog aclara que o seu non é "un manifesto", senón unha "reflexión dun militante de base". "Ao mellor non compartes ao 100% todo o que aquí dixen, pero seguramente coma min queres o mellor para o BNG e para Galiza e xa non aturas máis paus nas rodas que nos impiden avanzar. Se es das galegas e galegos que non te resignas, que queres avanzar, podes compartir esta reflexión con quen ti estimes oportuno", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

14 Comunista

Conmovedor ollar a fe cega coa que camiñan cara o abismo. Patético ver cadros políticos outrora decisivos facéndose pasar por militantes de base.

13 Balbino

Que pesados coa UPG que nom chega nin o 20% do BNG e iso agora despois de escisión tras escisión , a alguén hai que votarlle a culpa.

1 Parada do Sil

Claro Balbino, un 20%!!! A mesma porcentaxe que ten o Partido Podre no censo eleitoral: partido máis votado, partido ganhador, partido hexemónico, partido controlador, mafia de aparato, dedo, caciquismo, clientelismo, enchufados, médios subordinados, prensa amiga, chiringuitos paralelos, democracia sequestrada... Un nada despreciable 20%!!! Cando o resto andan desperdigados un 20% son os amos do BNG!!!

2 marédesnortada

Balbino: fai-lhe caso ao Parada e tomemos exemplo da nova política espanhola digital e telemática, que esses si sabem de democracia. Viva o gurú complutense e as marés desnortadas!!!. Viva a unidade popular espanhola!!! Fora os indígenas estalinistas da U!!!

3 Parada do Sil

Desnortado, sabes ler? Onde está escrito que apoio as Mareas entregadas a Podemos ou aos ególatras que as dirixen desde Madrid ou ao delegado na Rexión Noroeste? Só temos dúas opcións: entregarnos a Madrid ou ser vasalos da UPG? Que limitado es ou, se cadra mellor, que intereseiro!

12 Ana

O BNG é pasado, como organización plural xa foi. A marcha de Xavier Vence, Olalla Davila, Taraixa Paz, Carme Adán, Ana Luisa Bouza, Ana Rúa, Ana Miranda, Alba Nogueira, os antigos alcaldes de Sada e de Boiro, Abel L. Soto e Xosé Deira, Xabier Toba ou o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, acabaron coa pluralidade. Agora queda a UPG. Nos que se van haverá trepas, seguro, igual que hai mantidos que fican encantados mentres a UPG e chifinguitos da casa (CIG e menores) lles enchan a barriga. Polo ben de todos, para ir construindo futuro, asumamos que o BNG xa foi. Ficamos dos partidos guía e dos que se entregan a Madrid, fagamos país plural.

11 anonimo

¿Qué esta a facer o BNG por rematar coas touradas donde goberna?. En Catalunya, nas Canarias e na Coruña xa demostraron que cando hai vontade, podese. ¿E Pontevedra cando?. Non sei se os partidos non se dan conta dos votos que perden por falta de coherencia. Unha Galiza sen touradas e con medidas que defendan os animais é unha Galiza mellor.

1 toreromortoguay

Muuuuu!!!!!!!!

10 maldita hemeroteca

Revisade nas hemerotecas. Beiras, finais dos 70. Ofrécenlle o número 1 pola Coruña polo PSOE. O PSG a cambio sería a sucursal do PSOE en Galicia. Beiras dí non. "Que triste se vai poñer Felipe" dixeron os negociadores do PSOE. O PSOE con apoio mediático madrileño gaña, un tal Paco Vázquez é deputado. Beiras non. O PSG rompe a metade marcha ó psoe. Beiras ten unha depresión vendo a impotencia de Galicia de ter un partido socialista nacional forte. ¿?. Entenden a actitude de Beiras agora?. Revisen as hemerotecas, onde dixo Digo, agora dí Diego. E cando Beiras falte, a metade dos nacionalistas galegos formaran parte dun grupo madrileño e faran, o que lles manden, coma foi toda a vida...