Desembarco galego en Lorient

150 artistas galegos participarán no maior festival céltico do mundo, que se celebrará do 5 ao 14 de agosto.

Por GC Tendencias | Lorient | 22/07/2016 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

A cutura celta volve citarse no Festival Interceltique de Lorient, Francia, onde durante dez días pasarán por esta vila bretona máis de 4.500 artistas ​para participar nos máis de 120 espectáculos que se desenvolverán nos distintos espazos do festival, chegando a haber 100.000 espectadores de pago e 700.000 visitantes​. Galicia estará representada por arredor de 150 artistas do noso país.

Lorient, o festival das nacións celtas
Lorient, o festival das nacións celtas | Fonte: Festival Interceltique de Lorient.

No eido da música folk serán os membros de Riobó os primeiros en amosar a súa proposta, coa que están colleitando éxitos en cada concerto; estarán tamén Vaamonde, Lamas & Romero​, amosando o seu estilo inconfundible.

Na parte máis tradicional os composteláns Brincadeira amosarán o mellor do baile e as banda de gaitas Cántigas e Frores (Lugo) e Malante (Malpica), o mellor da nosa música.

O dúo A Vagaba estará no ciclo de músicas sacras, e participarán no concurso MacCrimmon ​os gaiteiros Xesús Rodríguez, Daniel Fernández, Víctor Antelo e Jorge Gándara. E haberá ademais master‐class de baile tradicional.

Estes son algúns dos actos programados para os representantes de Galicia neste xa mítico festival intercéltico, que se celebrará do 5 ao 14 de agosto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta