Por Galicia Confidencial | Ourense | 27/07/2016 | Actualizada ás 11:08
Viaqua, empresa concesionaria do ciclo integral da auga na cidade de Ourense, e Cetaqua (Centro Tecnolóxico da Auga de Galicia), están colaborando no proxecto “Herramienta de investigación para la gestión eficiente de algas”, cun estudo realizado con fondos propios que ten como obxectivo facilitar ferramentas que melloren a xestión a tempo real das plantas potabilizadoras de auga (ETAPs) ante a presenza de cianobacterias.
O estudo, que finalizará o próximo mes de decembro, cando se dean a coñecer os resultados obtidos, desenvólvese no encoro de Castadón —que abastece a Ourense e elixido como campo de análise en España—, no que Viaqua e Cetaqua instalaron unha sonda que facilita a monitorización en tempo real das concentracións de cianobacterias. Isto permitirá reforzar o seu control actual, mellorar a xestión e o tempo de resposta, o coñecemento da presenza de cianobacterias, e axudará a prever cando se producirán floracións ou “blooms algales”.
Na actualidade, atendendo aos requerimentos do RD140/2003 e o programa de vixiancia da saúde de Galicia, é a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a encargada de realizar mensualmente analíticas de microcistinas —toxinas que producen as cianobacterias— no encoro de Castadón; en tanto que Viaqua é a responsable de levalas a cabo na ETAP de San Francisco para ter un control exhaustivo da produción de cianobacterias.
As cianobacterias, coñecidas tamén como algas verdes azuladas, dan lugar a un fenómeno denominado eutrofización con formacións típicas coñecidas como floracións ou “blooms algales”, que teñen lugar en augas ricas en nutrientes, estancadas, con altas temperaturas (15 a 30°C), e valores de pH que oscilan entre 6 e 9. Algunhas especies de cianobacterias producen toxinas, como é o caso das microcistinas, que son tóxicas para os humanos e dan lugar a alteracións gastrointestinais, reaccións alérxicas ou irritación
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.