Luís Villares gaña apoios para liderar a marea nas eleccións galegas

O voceiro de Jueces para la Democracia recibe o respaldo explícito de Esquerda Unida e gabanzas dende ANOVA e os municipalistas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 03/08/2016 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

Por exemplo, hoxe Esquerda Unida deulle un apoio inequívoco. A líder Yolanda Díaz declarou que o voceiro de Jueces para la Democracia en Galicia “vai ser o capitan dun barco no que esperamos que a singradura sexa positiva”.

Luís Villares
Luís Villares | Fonte: Red Arnela

A deputada argumenta que Villares “representa ao cambio”, ten un perfil “profesional” e unha traxectoria que esixe darlle as “grazas” se acepta finalmente concurrir ás primarias.

As palabras de apoio de Díaz son as máis nidias, pero ningún dos axentes que colaboran na confluencia cuestionou publicamente este nome, e leva meses sonando nos ruxe-ruxes sobre o cabeza de cartel.

Onte mesmo, Antón Sánchez, un dos voceiros de ANOVA, gababa o seu perfil. Iso si, o deputado sinalou que “está por ver” como se concretan as primarias. Nun sentido similar pronunciouse o alcalde de Santiago, tamén militante de ANOVA. Martiño Noriega destacou que o xuíz ten “moito prestixio” pero de seguido indicou que hai outras persoas que tamén o teñen. Dende as mareas locais, Xulio Ferreiro dixo que lle parecería “estupendo” que se presentase ás primarias, posibilidade que se mantivo no aire até hoxe, cando Podemos votou sumarse á confluencia. Segundo varios medios, Villares non se quería presentar se Podemos se presentaba só.

Agora está por ver se o nome de Villares suscita o apoio no partido morado. Os 6.000 sufraxios emitidos na votación podemita sobre a confluencia indican que o peso desta formación pode ser determinante nas primarias de En Marea. 

Biografía de Luís Villares

Villares é Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e xuíz de carreira dende 2005. Chegou a maxistrado do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional (2010-2011), titular no Tribunal Superior de xustiza do País Vasco (2011-2012), no Xulgado Contencioso administrativo de Lugo e na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Foi coordinador en Galicia da Asociación progresista Xuíces para a Democracia e é membro fundador da Irmandade Xurídica Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

12 Comofluindo

http://enmarea.gal/en-marea-denunci... Pola confluencia están na foto os que negaron a confluencia para artellar Ferrol en Común (falta o que está de vacacións versus alcalde). Versus cónclave de EU. Sen parangón. Ulo Anova ou non se enrerou?

11 podemos?

http://www.ferrol360.es/tag/yolanda... O grupo municipal de Esquerda Unida no concello de Ferrol deu hoxe unha rolda de prensa sobre Navantia. A súa voceira Yolanda Díaz non deixou a ocasión para nomear ao xuiz Villares capitán con plenos poderes.

10 Ted Flanders

Si a min me pagaran a metade que a vos (grupiño de negros a 300 pavos -sen seguridad social- Errejón dixit) tería mais imaxinación cos comentarios.... Comunista???? anda facede un concurso e collede outro nome menos da vella política, mais imaxinativo, que ese vos queda moi grande!!!! Pero ben...vos entendo....ca falta de traballo estable....facer de nejro para un grupo político cagando chorradas é un chollo!!!

9 Comunista

Agora é cando vai comezar entre os trolls a soldo do BnG a "Operación Odiar Luís Villares", que non vai ser moi diferente doutras anteriores coma a "Operación Odiar Lidia Senra", a "Operación Odiar Martiño Noriega" ou a mais recente "Operación Odiar Alexandra Fernández". O primeiro paso será cheirar na súa vida profesional e familiar na procura de algo que o enmerde. O seguinte, fracasado o primeiro, será inventalo. Finalmente, optarán polo de sempre: a descalificación física. Xa se sabe por onde vai o nivel da troleirada bloqueira: Beiras vello, Lidia ten canas, Martiño calvo... Nivelazo. Con Villares non se agarda tampouco moita orixinalidade. Collan os flocos e disfruten.

1 Eu mesmo

Porqué odialo?. Abonda con por de manifesto o seu nomeamento dixital, do que él non ten culpa algunha. Quizais os estalinistas do partido guieiro, véxase FPG e os seus vasalos acomodaticios da nova política, ouda vellla coma o PCE e a súa viraiña en Galicia, amosando os seus xeitos pouco democráticos.

2 Precisades axuda

Que haxa altos cargos da Marea que estudan na universidade privada... é culpa da UPG? Estades moi obsesionados co BNG e precisades axuda, premede no enlace de abaixo por favor http://psiquiatriagallega.org/

3 carballo

O ostiazo idelo levar igual con este ou con outro, así que non te preocupes tanto e desfruta da relativa calma pq a partires do 26 o bluff vai estoupar polos aires...ah, e x certo, eu son ex, pero ex dunha marea...

4 Ludus

Tes razón.....aos trolls UPGalaicos fáltalles creatividade e sóbralles mala ostia.....farían mellor en alabar ás excelencias do curriculum da Pontón a ver se convencen a alguen de que a súa opción é mellor que a das mareas.....

8 Tranquilos

Cantos apoios consegue este completo descoñecido as tres persoas que negociaron que tiña que ser el din que o apoian que ben!!! Agora falta convencer aos que poñen os votos e van dicir si ou non, que son os de Podemos. Como Villares é un tipo moi importante seguro que acepta ir de número 2.