Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/05/2009 | Actualizada ás 08:54
CCOO denuncia ante a opinión pública que o novo goberno autonómico está incumprindo os compromisos electorais que o Partido Popular adquirira e se comprometera expresamente a aplicar no SPDCIF da Xunta de Galicia.
CCOO recorda que o Partido Popular comprometérase expresamente no seu programa electoral a "reforzar o carácter público do SPDCIF restablecendo o mando único e realizando a totalidade das contratacións da campaña de alto risco de verán a través das listas oficiais da Xunta".
CCOO advírtelle á opinión pública que tal compromiso xa está sendo vulnerado nestes momentos por Medio Rural pois sigue engordando o "CHIRINGUITO" de SEAGA con máis contratacións fraudulentas mentres, pola contra, centos de traballadores experimentados na loita contra os incendios forestais que tiveron que aboar as súas taxas de inscrición nas Listas Públicas de Contratacións Temporais da Xunta de Galicia observan perplexos ao comprobar que as promesas electorais do PP ben pronto as levou o vento e ó ver que, o seu lexítimo dereito a ser contratados no SPDCIF, segue sen ser respectado.
CCOO esíxelle ó Conselleiro de Medio Rural que tome as seguintes decisións:
Que proceda ó cese de inmediato do xerente de SEAGA pola súa ineptitude na xestión e polo grave incumprimento do acordo asinado, coas Organizacións Sindicais, o 23 marzo de 2009.
Que ordene o cumprimento do acordo do 23 de marzo, asi como a paralización inmediata de tódalas novas contratacións de SEAGA.
Que ordene que tódalas contratacións de persoal da Tempada de Alto Risco de 2009 do SPDCIF se realicen a través das Listas Públicas, reguladas polo Decreto 37/2006 da Xunta de Galicia.
Que convoque coa máxima urxencia ás Organizacións Sindicais para negociar e acordar o reforzamento do carácter público do SERVICIO de PREVENCIÓN e DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS da Xunta de Galicia antes do inicio da tempada de Alto Risco de 2009.
Si a Consellería de Medio Rural non atende estas esixencias, CCOO iniciará unha CAMPAÑA INFORMATIVA entre todo o persoal afectado para, chegado o momento oportuno, CONVOCAR MOBILIZACIÓNS CONXUNTAS EN DEFENSA DO CARACTER EXTRICTAMENTE PÚBLICO DO SERVICIO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS (SPDCIF).
Mal comeza este Goberno, cando a primeira ocasión que se lle presenta, XA INCUMPLE o seu propio PROGRAMA ELECTORAL. Agora ben, que teñan en conta que o PERSOAL DA LOITA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS xa demostrou dabondo que TEN BOA MEMORIA e que, cando é preciso, sabe defenderse ben dos ataques que recibe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.