Consellos para a prevención de lesións en motoristas

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia centra este mes a súa campaña “12 meses, 12 consellos de saúde” na importancia de manter unha postura correcta sobre a moto para lograr unha condución cómoda e segura, ademais de previr posibles lesións.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/08/2016 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

A motocicleta é un dos medios de transporte máis utilizados no planeta. Estímase que máis de 200 millóns de motos circulan a diario por todos os países do mundo. Por iso, o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) céntrase este mes de agosto neste medio na súa campaña “12 meses, 12 consellos de saúde”, para facer conscientes aos usuarios de motos da importancia de manter unha postura correcta para lograr unha condución cómoda e segura, ademais de previr posibles lesións.

Ilustración dunha postura prexudicial para a nosa saúde sobre unha moto
Ilustración dunha postura prexudicial para a nosa saúde sobre unha moto | Fonte: CoFiGa.

Á hora de comprar unha moto, CoFiGa recomenda que se saiba como atopar a posición correcta á hora de conducila, para así poder gañar en seguridade, relaxación e comodidade. "En gran medida, a posición que adoptamos sobre unha moto vén determinada polo estilo ou tipo de motocicleta que posuamos, pero hai unha serie de consellos xerais que axudarán a levar en todo momento a postura máis segura e cómoda aos mandos", explican os fisioterapeutas galegos.

"Manter unha adecuada posición sobre a moto conséguese cando o noso corpo ten unha posición natural e relaxada. Ningunha postura que resulte forzada é correcta. Para determinar isto, coa moto apoiada sobre o caballete, debemos sentarnos no asento de maneira natural e cos brazos caídos e relaxados. A partir de aí, subiremos e estenderemos os brazos ata alcanzar o manillar coas mans. Os pés deben estar colocados sobre os estribos, apoiados na zona media da planta", aconsella CoFiGa.

En xeral, os fisioterapeutas recomendan que "o corpo estea relaxado, as pernas cómodas, sen abrazar con exceso á motocicleta, os brazos semiflexionados, as mans nos seus respectivos manillares e pés nos seus estriberas desde o lugar que poidan chegar a accionar ben o pedal de freo ou das marchas".

Segundo os expertos, o peso do corpo debe ademais "descansar nos glúteos e a entreperna, ata os xeonllos, todo o resto do corpo ten que quedar libre de cargas".

Tamén é importante "levar os ombreiros e brazos relaxados, comprobando con frecuencia, en especial despois de cada manobra, que os cóbados non estean ríxidos".

Estas son as claves para a posición correcta na condución:

- Relaxado e cómodo.

- Cabeza e mirada, sempre levantadas.

- Peito e costas ergueitos.

- Brazos flexionados e relaxados.

- Mans aos puños do manillar.

- Pernas pechadas, abrazando a motocicleta.

- Xeonllos flexionados.

- Pés rectos, en ángulo de 90 graos aproximadamente.

- O torso e cabeza, lixeiramente inclinados cara a adiante.

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) realiza estas recomendacións, conxuntamente cos colexios homónimos de Madrid, Cataluña, País Vasco e Navarra, cun novo videoconsello da campaña “12 meses, 12 consellos de saúde”.

CoFiGa é unha institución que representa aos máis de 2.400 fisioterapeutas que exercen en Galicia. Os seus obxectivos son a salvagarda dos principios deontolóxicos e ético-sociais da Fisioterapia, a defensa e a promoción da saúde e o benestar dos cidadáns de Galicia, en colaboración cos poderes públicos, así como a promoción a nivel científico, cultural, económico e social dos fisioterapeutas colexiados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta