Temas: TOURADA

Case un cento de entidades apoian a manifestación contra as touradas en Pontevedra

Touradas fóra de Pontevedra convoca unha manifestación para este venres en contra dos espectáculos taurinos na cidade.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 10/08/2016 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

Unha manifestación percorrerá as rúas de Pontevedra este venres para denunciar as corridas de Touros. A plataforma convocante, Touradas fóra de Pontevedra, conta xa co apoio de 98 entidades e asociacións en contra deste espectáculo, entre elas,  protectoras e refuxios de animais, veterinarias, tendas de animais, partidos políticos, organizacións xuvenís, organizacións ecoloxistas, protectoras de animais, bandas de música ou colectivos animalistas.

Manifestación de Touradas fóra de Pontevedra
Manifestación de Touradas fóra de Pontevedra

A loita antitouradas cada día está máis presente no traballo de colectivos e organizacións que conforman o tecido social deste país. Exemplo é que no 2009 o número de colectivos apoiantes era de 14, cifra notablemente inferior á actual. E iso vémolo reflexando na asistencia á mobilización, na cal chegamos a multiplicar por 10 a asistencia en apenas 7 anos, pese a ser un colectivo autoxestionado e con poucos recursos para a difusión”, apunta o colectivo nun comunicado.

Ademais, lembra que as súas reivindicacións tamén foron incluídas nos programas electorais das formacións políticas municipais. Neste sentido, apunta a declaración de Pontevedra como "cidade libre de circos con animais", o debate arredor do convenio, a supresión das touradas no programa de festas da Peregrina, a declaración da provincia de Pontevedra como "territorio libre de touradas" levada a cabo pola Deputación de Pontevedra e a supresión das subvencións por parte desta institución cara o empresariado taurino e a Coordinadora de Peñas Taurinas.

Cadea humana contra as touradas en Pontevedra
Cadea humana contra as touradas en Pontevedra
Temas: TOURADA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Balbino

A hipocresía o cadrado, iran milleiros de podemitas que apoian directamente o maltrato e pasan a vida a criticar o alcalde de Pontevedra por alquilar unha praza de touros para que disfrute o pobo de festas medievais, espectáculos para os menos e demáis, cal é a alternativa? Ten algunha competencia os concellos para prohibilo, eu estou en contra das touradas pero porque nom podemos disfrutar da praza para outras cousas

2 Hermerico

Contra a touradas patrocinadas por Lores

1 John McNamara

Ese Lores debe ser ben malo, menos mal que temos a alternativa dos alcaldes rebeldes e rupturista. Ese Lores debe aprender ben deles porque en 16 anos non aprendeu nada, Pontevedra segue igual....nonsi?

1 BGC

A manifestación é o sábado ás 20h na Peregrina (Pontevedra)