Contra a consulta sobre a elección do idioma na educación

Boa parte da comunicade educativa critica o cuestionario realizado pola Consellería de Educación sobre a elección da lingua en Primaria e Secundaria e denuncia que a Xunta gastará 200.000 euros nesta "consulta trampa"..

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/06/2009 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

***********************

O goberno da Xunta gasta 200.000 euros nunha consulta trampa

Ante o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queremos transmitir á comunidade educativa e á sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións:

1. Esta é unha consulta, deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal.

2. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego en 2004 (PP, PSOE e BNG), é un punto de encontro na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. O Decreto 124/2007, de 28 de xuño, recolle este acordo do Parlamento Galego dándolle carácter normativo e a súa legalidade foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta norma pretende garantir unha competencia similar en galego e en castelán.

3.O obxectivo de que ao remate do ensino obrigatorio os nenos e as nenas sexan plenamente competentes nas dúas linguas oficiais non pode conseguirse con menos do 50% das materias impartidas en galego. Coa enquisa que se envía ao centros o mantemento desta porcentaxe só se garantiría marcando a resposta "en galego" ou "todo en galego", pois esta opción non fai referencia á totalidade do ensino, senón soamente ás materias que habería que impartir hoxe en galego -o 50%-, xa que a enquisa non recolle a opción de que todas as materias agás as linguas, poidan ser impartidas en galego.

4. Por termos en conta as consideracións anteriores, propoñemos marcar a opción "galego" (en Infantil e FP) e "todo en galego" (en Primaria e Secundaria), porque desta maneira estariamos a indicar que queremos en galego as materias que hoxe se deben impartir na nosa lingua, tal e como indica o decreto en vigor. Non significaría, por tanto, que optemos por todo o ensino en galego, pois esta opción non se considera.

5. Igualmente xulgamos preciso transmitir a nais e pais a necesidade de incluíren no apartado de observacións da enquisa peticións semellantes a que expresamos a continuación:

Desexaría que o ensino fose en galego, unha opción que non recolle esta enquisa.

Estou a favor da aplicación do decreto actual de promoción e uso do galego no ensino, realizado co consenso da comunidade educativa e que emana do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento Galego.

Todo o anterior fai que os resultados desta consulta non me parezan lexítimos.

Podes consultar aquí a famosa enquisa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

29 anónimo

Outra opinión máis:
http://www.vieiros.com/nova/74718/o...
O resto son galegofobias; a liberdade de escoller significa suprimir o galego.

28 outro médico

Moitas sociedades médicas españolas fan os seus congresos para ESpaña e Portugal, como a sociedade de Neurocirurxía por exemplo, e as línguas oficiais destes congresos son o español e o portugués, o mesmo sucede con encontros ibéricos, ou iberoamericanos. Para tódalas especialidades.
En Portugal é obrigatorio o portugués e hai milleiros de médicos españois, e non coñezo a ninguén que se queixase.
Pois en Galicia o galego, língua irmá do portugués non é un atranco para ningún médico do mundo, se lle apetece vir aquí, non será polo galego que non veña iso é un invento.
E os grandes científicos mundiais... home, desexan ser funcionarios do sergas?, estades seguros que queren facer gardas?
Os grandes científicos ben que os entendemos en inglés. Para vir os Rolling a tocar ninguén les pedíu exame de galego nin de castelán que eu sepa. E eses si que son unhas estrelas mundiais.
O teu problema Antón é a galegofobia. E gustaríame verte atender e facer informes en galego ós galegofalantes como sería o normal, nun pais normal.

27 Galego

Anónimo unha cousa non quita a outra, e iste Feijoo esta a gobernar para unha parte da cidadanía, e non para todo o pobo, e enganando con enquisas antidemocráticas, por certo hai moitos investigadores que o fan en galego.

26 anónimo

VEÑA, PERO OS PROBLEMAS REAIS SEN RESOLVER, VEÑA FALAR DE ATAQUES, XENOCIDIOS LINGÜÍSTICOS E DEMÁIS PARA MAREAR A PERDIZ. E NO DOS MÉDICOS, PREFIRO QUE ME OPERE UN CIRUXÁN QUE SAIBA UNHA DAS DÚAS LINGUAS OFICIAIS E QUE SEXA BÓ NO SEU. OUTRA COUSA SON OS ADMINISTRATIVOS CARA O PÚBLICO (AHÍ PARECEME BEN), OU REMATAREMOS PEDÍNDOLLE A O INXENIERO QUE FURA EN CHAPELA QUE FAGA O PROXECTO EN GALEGO, OU O DOUTOR QUE INVESTIGA QUE O FAGA EN GALEGO. VEÑA, ANDA.

25 Gonzalo

Antón,

Xa que falas de rodillos... que se aplique dunha vez. Que teña a nova Xunta o valor de facer o novo Decreto se consulta ningunha. Se total o resultado dá igual, se se está a falar de que hai que derrogar o decreto actual. E logo como o saben? Xa se sabe o resultado da consulta antes de facela? Non se contempla a posibilidade de que se queira manter o actual decreto? Non claro, iso é imposible cunhas preguntas tramposas e tendenciosas.

Eu teño un neno de tres anos e non vou ser consultado, por que?

Vanse consultar máis temas? Non se preguntou á sociedade galega se estaba de acordo con quitar a obrigatoriedade do galego nas oposicións. Non, iso vai por vía de urxencia...

Fágase o mesmo, pois, no ensino, ou postos a consultar, que se consulte aos profesionais, que son os que saben disto. Por que non consultamos aos pacientes dos hospitais como deben ser os quirófanos? Se cadra atopamos algunha idea para abaratalos.

Non agochemos en supostos dereitos individuais cuestións da colectividade...