Contra a consulta sobre a elección do idioma na educación

Boa parte da comunicade educativa critica o cuestionario realizado pola Consellería de Educación sobre a elección da lingua en Primaria e Secundaria e denuncia que a Xunta gastará 200.000 euros nesta "consulta trampa"..

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/06/2009 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

***********************

O goberno da Xunta gasta 200.000 euros nunha consulta trampa

Ante o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queremos transmitir á comunidade educativa e á sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións:

1. Esta é unha consulta, deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal.

2. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego en 2004 (PP, PSOE e BNG), é un punto de encontro na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. O Decreto 124/2007, de 28 de xuño, recolle este acordo do Parlamento Galego dándolle carácter normativo e a súa legalidade foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta norma pretende garantir unha competencia similar en galego e en castelán.

3.O obxectivo de que ao remate do ensino obrigatorio os nenos e as nenas sexan plenamente competentes nas dúas linguas oficiais non pode conseguirse con menos do 50% das materias impartidas en galego. Coa enquisa que se envía ao centros o mantemento desta porcentaxe só se garantiría marcando a resposta "en galego" ou "todo en galego", pois esta opción non fai referencia á totalidade do ensino, senón soamente ás materias que habería que impartir hoxe en galego -o 50%-, xa que a enquisa non recolle a opción de que todas as materias agás as linguas, poidan ser impartidas en galego.

4. Por termos en conta as consideracións anteriores, propoñemos marcar a opción "galego" (en Infantil e FP) e "todo en galego" (en Primaria e Secundaria), porque desta maneira estariamos a indicar que queremos en galego as materias que hoxe se deben impartir na nosa lingua, tal e como indica o decreto en vigor. Non significaría, por tanto, que optemos por todo o ensino en galego, pois esta opción non se considera.

5. Igualmente xulgamos preciso transmitir a nais e pais a necesidade de incluíren no apartado de observacións da enquisa peticións semellantes a que expresamos a continuación:

Desexaría que o ensino fose en galego, unha opción que non recolle esta enquisa.

Estou a favor da aplicación do decreto actual de promoción e uso do galego no ensino, realizado co consenso da comunidade educativa e que emana do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento Galego.

Todo o anterior fai que os resultados desta consulta non me parezan lexítimos.

Podes consultar aquí a famosa enquisa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

24 Galego

Antón, cando acudo ao médico eu falo en galego, e me contestan en castelán, non deberiades contestar no idioma do interlocutor, xa que estades a prestar un servizo ao cidadán, fale no idioma que fale, e como queredes falar en galego, senón o estudades o suficiente para poder expresalo con comodidade, e non so no voso colectivo senón tamén no ámbito comercial, procesual, notarial, etc..., o que me faltaba é que vivindo na Galiza falando galego teña que falar o que queren uns porque lles e mais cómodo.

23 Anton

Pues yo como médico estoy de acuerdo en su eliminación.

Se debe asegurar el conocieminto del gallego para comunicarse con los pacientes y entenderlos y que te entiendan.

Pero no puede ser un mérito valorable para escojer una plaza. Y menos con más puntuación que el MIR, la tesis doctoral o trabajos científicos. Eso es un despropósito se mire como se mire.

Y anónimo, el hecho de que se cumplan o no otras promesas electorales no es óbice para que si ésta va como promesa se deba cumplir. Y en cuanto a lo que dices de los votantes del PP de G, votaron un programa donde se expresaba muy claro cúal era la política linguistica que se iba a aplicar. Yo me muevo en un círculo donde casi el 100% somos votantes del PP y estamos completamente de acuerdo con la prueba. El asunto linguístico fue una de las claves del proceso electoral, había posiciones encontradas y ganó un determinado programa. Así que ciñámonos a los datos obejtivos que reflejan los votos a un determinado programa.

Poca gente está contra el gallego. Sin embargo si estamos en contra de la política llevada a cabo por el bipartito y al nefasto decreto que, sin el apoyo del principal grupo político de Galicia, impusieron. Lo curioso es que ahora hablan de consensos, los que aplicaron el rodillo de la, por suspuesto, mayoría parlamentaria.

Pues esos rodillos se pueden aplicar en ambas direcciones.

Y te digo más, como el BNG y el PSOE no se den cuenta y rectifiquen van camino de sun marginalidad en Galicia. Y si no, al tiempo. Simpre puede venir Oscar a demostrar cómo era imposible que el PP recuperara la Xunta en base a unas teorías muy chuscas.

Un saludo

22 Remixio

A eliminación do galego das oposicións é o maior ataque feito dende o final do franquismo contra o galego. Equivale a declaralo unha lingua inútil mesmo para traballar na Xunta.

21 anónimo

Por certo, tan mal se considera dende o PP a modificación da lei da función pública que o informativo das 20.30 horas da Televisión de Galicia informou en 38 segundos da súa tramitación por vía de urxencia, malia a repercusión social que está a suscitar esta norma.
Considérase de verdade un éxito polo PP?

20 anónimo

Antón. No programa do PP ían moitas cousas, entre elas que se reduciria a ratio nas aulas a 15 alumnos en primaria, ... e non són non o fai senón que agrupa cursos para aforrar cartos a conta da calidade do ensino. Isto afeta sobre todo no rural. Ninguén se preocupa disto, que ía no programa; estase incumprindo e só se preocupa de algo que e cuestionado por as asociación de equipos de normalización lingüística, as universidades, asociacións pedagóxicas, sindicatos, asoiacións de pais, ... e non só a MNL.
Os talibáns están noutro ou en todos os lados.
Así vaise facer dano aos alumnos, crear un clima de conflictividade no ensino e na administración que vai perxudicar a todos.
Coñezo a moita xente do PP que fala galego e que non apoia esa medida, e aínda que este sexan días de gloria para o PPdG, se perde a "G" de Galicia e a "colle" o PSOE, o PP pode chegar a estar no mesmo nivel que en Cataluña (onde non ten o Cat) e no país vasco.
Hai que moderarse, e ao mellor o conselleiro de educación tiña que tomar tila para non cabrear máis á sociedade,e con ela os energúmenos das pintadas.
No PP non talibán sábese que foi un erro, e víuse no parlamento que ninguén do goberno defendeu a eliminación da parte de galeg nas opsicións á administración e tivo que facelo o que lle toca de cargo.
Hai que saar a pata do fondo do burato e non botarlle cemento encima.