Contra a consulta sobre a elección do idioma na educación

Boa parte da comunicade educativa critica o cuestionario realizado pola Consellería de Educación sobre a elección da lingua en Primaria e Secundaria e denuncia que a Xunta gastará 200.000 euros nesta "consulta trampa"..

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/06/2009 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

***********************

O goberno da Xunta gasta 200.000 euros nunha consulta trampa

Ante o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queremos transmitir á comunidade educativa e á sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións:

1. Esta é unha consulta, deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal.

2. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego en 2004 (PP, PSOE e BNG), é un punto de encontro na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. O Decreto 124/2007, de 28 de xuño, recolle este acordo do Parlamento Galego dándolle carácter normativo e a súa legalidade foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta norma pretende garantir unha competencia similar en galego e en castelán.

3.O obxectivo de que ao remate do ensino obrigatorio os nenos e as nenas sexan plenamente competentes nas dúas linguas oficiais non pode conseguirse con menos do 50% das materias impartidas en galego. Coa enquisa que se envía ao centros o mantemento desta porcentaxe só se garantiría marcando a resposta "en galego" ou "todo en galego", pois esta opción non fai referencia á totalidade do ensino, senón soamente ás materias que habería que impartir hoxe en galego -o 50%-, xa que a enquisa non recolle a opción de que todas as materias agás as linguas, poidan ser impartidas en galego.

4. Por termos en conta as consideracións anteriores, propoñemos marcar a opción "galego" (en Infantil e FP) e "todo en galego" (en Primaria e Secundaria), porque desta maneira estariamos a indicar que queremos en galego as materias que hoxe se deben impartir na nosa lingua, tal e como indica o decreto en vigor. Non significaría, por tanto, que optemos por todo o ensino en galego, pois esta opción non se considera.

5. Igualmente xulgamos preciso transmitir a nais e pais a necesidade de incluíren no apartado de observacións da enquisa peticións semellantes a que expresamos a continuación:

Desexaría que o ensino fose en galego, unha opción que non recolle esta enquisa.

Estou a favor da aplicación do decreto actual de promoción e uso do galego no ensino, realizado co consenso da comunidade educativa e que emana do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento Galego.

Todo o anterior fai que os resultados desta consulta non me parezan lexítimos.

Podes consultar aquí a famosa enquisa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

19 anónimo

E FACER O QUE DÍ ESTE SEÑOR, QUE TEN MÁIS RAZÓN QUE UN SANTO E DEBERÍA SER DE VISIONADO OBRIGATORIO PARA PAIS, POLITICOS, POLITIQUILLOS E DOCENTES:
http://www.youtube.com/watch?v=K2GT...

18 anónimo

EU, COMO DOCENTE, INSISTO EN QUE O DIÑEIRO, O TEMPO E AS ANSIAS DE ARRANXAR OS PROBLEMAS DO ENSINO DEBEN GASTARSE EN:
-SOLUCIONAR OS PROBLEMAS DE CONVIVENCIA NO AULA.
-DARLLE MAIS AUTORIDADE AOS ORGANOS DIRECTORES DOS CENTROS.
-FACER ESCOLAS DE PAIS (NON SABEDES ATA QUE PUNTO É PRECISO).
-BAIXAR AS RATIOS NOS CENTROS CON PROBLEMAS DE INMIGRACIÓN E ALUMNADO CONFLICTIVO.
-REPARTIR DITO ALUMNADO TAMÉN CA CONCERTADA, COÑO, QUE TAMÉN "TEÑEN DEREITO" OS MARISTAS E AS XESUITINAS A TRATAR CON ELES, PARA ESO COBRAN DOS NOSOS IMPOSTOS.
-DIGNIFICAR A PROFESIÓN DOCENTE.
CANDO TODO O DITO SEXA ARRANXADO, PODEREMOS TRATAR O TEMA DA LINGUA, QUE NA MIÑA OPINIÓN DEBERÍA QUEDAR COMA ESTÁ. CLARO QUE HAI QUEN VIVE DE FACER UN PROBLEMA COMO UN MUNDO DELA (MESA, CIG, GALICIA BILINGUE, PEPÉ...)

17 anónimo

Por qué non queredes saber qué opina,qué quere a xente?
Porque vós manexades a verdade absoluta

16 Anton

Esa consulta venía recogida en el programa electoral que ganó las elecciones.

¿Se presentaba la coordinadora esa a las mismas?

Sé que es clamar en el desierto pero llamo a la oposición a reflexionar sobre si les conviene estar aliados con los talibanes de la MNL. Por dos veces en tres meses los gallegos hemos dicho lo que pensábamos sobre este y otros temas. Como el BNG no sé de cuenta terminará compitiendo con los de Nós y resto de grupúsculos. Ellos verán.

Y el PSOE verá si dentro de dos años quiere perder el poco poder que le queda en Galicia. Tiempo para rectificar tienen. Aunque viendo los desnortados que andan no sé si lo harán.

15 anónimo

Outra cousa: sábese que empresa vai procesar eses datos? A pregunta é retórica poruqe todos sabemos que a afortunada vai ser algunha empresa próxima a algún deputado ou conselleiro do partido. Habería que enterarse disto e facer público o nome da tal empresa que vai levar unha boa parte deses 200.000 euros