Contra a consulta sobre a elección do idioma na educación

Boa parte da comunicade educativa critica o cuestionario realizado pola Consellería de Educación sobre a elección da lingua en Primaria e Secundaria e denuncia que a Xunta gastará 200.000 euros nesta "consulta trampa"..

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/06/2009 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

***********************

O goberno da Xunta gasta 200.000 euros nunha consulta trampa

Ante o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queremos transmitir á comunidade educativa e á sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións:

1. Esta é unha consulta, deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal.

2. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego en 2004 (PP, PSOE e BNG), é un punto de encontro na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. O Decreto 124/2007, de 28 de xuño, recolle este acordo do Parlamento Galego dándolle carácter normativo e a súa legalidade foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta norma pretende garantir unha competencia similar en galego e en castelán.

3.O obxectivo de que ao remate do ensino obrigatorio os nenos e as nenas sexan plenamente competentes nas dúas linguas oficiais non pode conseguirse con menos do 50% das materias impartidas en galego. Coa enquisa que se envía ao centros o mantemento desta porcentaxe só se garantiría marcando a resposta "en galego" ou "todo en galego", pois esta opción non fai referencia á totalidade do ensino, senón soamente ás materias que habería que impartir hoxe en galego -o 50%-, xa que a enquisa non recolle a opción de que todas as materias agás as linguas, poidan ser impartidas en galego.

4. Por termos en conta as consideracións anteriores, propoñemos marcar a opción "galego" (en Infantil e FP) e "todo en galego" (en Primaria e Secundaria), porque desta maneira estariamos a indicar que queremos en galego as materias que hoxe se deben impartir na nosa lingua, tal e como indica o decreto en vigor. Non significaría, por tanto, que optemos por todo o ensino en galego, pois esta opción non se considera.

5. Igualmente xulgamos preciso transmitir a nais e pais a necesidade de incluíren no apartado de observacións da enquisa peticións semellantes a que expresamos a continuación:

Desexaría que o ensino fose en galego, unha opción que non recolle esta enquisa.

Estou a favor da aplicación do decreto actual de promoción e uso do galego no ensino, realizado co consenso da comunidade educativa e que emana do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento Galego.

Todo o anterior fai que os resultados desta consulta non me parezan lexítimos.

Podes consultar aquí a famosa enquisa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

14 alfonso

Bravo José, o castelán tamén é un dialecto, o IDIOMA era o latín -o culto- que vulgarizouse nos distintos dialectos -agora xa idiomas-, así que viva!...se queren unha enquisa seria que pregunten cantos rapaces cando rematan a educación obrigatoria saben desenvolverse -ler, falar e escribir- en galego e castelán perfectamente??...ou se queren separar ós rapaces por linguas -co politizado que está o tema-?? porque falan de que é así en Euskadi pero cómo lles irá nun futuro?? xa imaxino,todo en euskera todos batasunos e todo en castelán os da extrema dereita española. Fagamos da nosa terra un sitio agradable e culto sen despreciar ningunha lingua, nin castelán, nin portugués -tendendo pontes co veciño-...nin moito menos a nosa querida e marabillosa lingua Galega!

13 Otero Regal

Pero como co.... existen ainda subnormales como este José de Zumendia, quiza seña neto de aquel outro dos carteliños "HABLE ESPAÑOL EL IDIOMA DEL IMPERIO" dos anos 40.

12 José de Zumendia

Esa pregunta es capciosa. Los del PP queremos acabar con ese dialecto.
!Viva España!

11 Piliteiro

Por qué non preguntan os cartos que estariamos despostos a dar os constribuientes ás arcas públicas?...xa postos.

10 Austeridad

Si, xa vemos en que gasta os cartos o novo goberno, en consultas inutiles. Se queren cambiar o decreto que o fagan, e que asuman as consecuencias, sen ter que gastar cartos en tonterias, nunha enquisa de risa, sen garantias de absolutamente nada, manipulable, e sen seriedade ningunha, e senon que deixen a cousa como está que para iso estaban de acordo toda a comunidade educativa nisto, menos eles, A broma nos sae a todos os galegos 200.000 euros que daría para contratar a úns cantos parados. Austeridade de boquilla para o que conven, en vez de gastar os cartos en superar a crise, mira por onde se van. Que se poña a traballar o novo goberno.