Contra a consulta sobre a elección do idioma na educación

Boa parte da comunicade educativa critica o cuestionario realizado pola Consellería de Educación sobre a elección da lingua en Primaria e Secundaria e denuncia que a Xunta gastará 200.000 euros nesta "consulta trampa"..

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/06/2009 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

***********************

O goberno da Xunta gasta 200.000 euros nunha consulta trampa

Ante o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queremos transmitir á comunidade educativa e á sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións:

1. Esta é unha consulta, deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal.

2. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego en 2004 (PP, PSOE e BNG), é un punto de encontro na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. O Decreto 124/2007, de 28 de xuño, recolle este acordo do Parlamento Galego dándolle carácter normativo e a súa legalidade foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta norma pretende garantir unha competencia similar en galego e en castelán.

3.O obxectivo de que ao remate do ensino obrigatorio os nenos e as nenas sexan plenamente competentes nas dúas linguas oficiais non pode conseguirse con menos do 50% das materias impartidas en galego. Coa enquisa que se envía ao centros o mantemento desta porcentaxe só se garantiría marcando a resposta "en galego" ou "todo en galego", pois esta opción non fai referencia á totalidade do ensino, senón soamente ás materias que habería que impartir hoxe en galego -o 50%-, xa que a enquisa non recolle a opción de que todas as materias agás as linguas, poidan ser impartidas en galego.

4. Por termos en conta as consideracións anteriores, propoñemos marcar a opción "galego" (en Infantil e FP) e "todo en galego" (en Primaria e Secundaria), porque desta maneira estariamos a indicar que queremos en galego as materias que hoxe se deben impartir na nosa lingua, tal e como indica o decreto en vigor. Non significaría, por tanto, que optemos por todo o ensino en galego, pois esta opción non se considera.

5. Igualmente xulgamos preciso transmitir a nais e pais a necesidade de incluíren no apartado de observacións da enquisa peticións semellantes a que expresamos a continuación:

Desexaría que o ensino fose en galego, unha opción que non recolle esta enquisa.

Estou a favor da aplicación do decreto actual de promoción e uso do galego no ensino, realizado co consenso da comunidade educativa e que emana do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento Galego.

Todo o anterior fai que os resultados desta consulta non me parezan lexítimos.

Podes consultar aquí a famosa enquisa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

4 Zush

No Faro de Vigo din que o PP alerta contra a "batasunización" de Galiza. Pois mira, mellor batasuno (= etarra) que pepeiro (= etarra legalizado).

3 pobo galego demisión

¿E os cerebros do Trepartito como Antón Losada o Rivera Otero/Petene que din de todo esto? Parece que as enquisas amañadas non falaban destas cousas. Larga vida os estadistas do Trepartito e muitas grazas.

2 Galiciaconfidencial

Foi remitido por un Equipo de Normalización Lingüístico dun instituto galego.

1 José

Quén asina o escrito que reproducides?