“Es de las mareadas, galleguiña”

Ángela Rodríguez, deputada de En Marea, denuncia o trato vexatorio que recibiu de axentes da Policía Nacional, de persoal das Cortes e de xornalistas cando ía recoller a súa acreditación no Congreso dos Deputados.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 23/08/2016 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

Malia a renovación xeracional que viviron as Cortes españolas no último ano, aínda hai quen non se decatou de que os vellos estereotipos relacionados coa idade e a estética dos deputados caducaron. Non bastaron dúas convocatorias electorais en medio ano e unha radical transformación da paisaxe das bancadas do Congreso e no Senado para afacer a algúns á nova realidade que se vive nos centros de poder do Estado e rachar con prexuízos que, polo visto, seguen vixentes. Así o viviu a deputada de En Marea Ángela Rodríguez, quen experimentou en primeira persoa o desconcerto que aínda xera nalgúns a presenza de deputados mozos de forzas emerxentes que non se corresponden co vello arquetipo do deputado español; máis aínda se es muller... e galega.

Ángela Rodríguez
Ángela Rodríguez

Todo sucedeu este luns, cando a militante de Podemos Galicia foi recoller a súa acreditación no Congreso. Alí, foi parada por dous axentes da Policía Nacional, cando entraba pola porta dos leóns, na Carrera de San Jerónimo, en Madrid, segundo explicou a propia deputada nunha denuncia pública feita dende o seu perfil en Facebook.

"Entro no Congreso pola porta dos leóns, coma sempre. Párame un policía e dime que se lle podo amosar a miña acreditación. Dígolle que aínda non as temos, que son deputada, que lle podo amosar o meu DNI. Mírame con cara de desconcerto e dime que como vou a ser eu deputada con esa cara de nena e así... así (aí miroume de arriba a abaixo)", relata Rodríguez.

Segundo a representante de En Marea, a súa mera presenza causou chanzas dos axentes: "Avisa a outro compañeiro, e dille diante xa de un montón de prensa: «Que la chica esta dice que es diputada, ja ja ja». Ao outro compañeiro tamén lle fai moita gracia o meu intento de autoridade, e deciden escoltarme os dous ao hall para que poida pedir a miña acreditación, xa que é evidente a todos os efectos que non son deputada", continúa a deputada, quen engade: "Atopámonos con outro señor, persoal do congreso, que se suma ás risas e á negativa. Dous periodistas, dos cais non penso dicir o medio, súmanse tamén. Un deles, berrando ben alto con ton burlón di: «Es de las mareadas, galleguiña». Máis risas". 

No seu relato, os problemas de Rodríguez para acceder ao Congreso para recoller a súa acreditación non rematan aí: "Chegamos ao mostrador os dous policías, armas incluidas, o señor do staff e eu, mentres os periodistas de turno seguían co pitillo, o café e a mofa. No mostrador está unha señora tamén do persoal do Congreso que sempre dá os bos días cariñosamente e que nestes meses foi sen dúbida o rostro amable da institución. O meu séquito varonil con máis risas, pídelle que me faga unha acreditación. A muller sen parpadear e mirando fixamente á nada, di: Pase ,señora Rodríguez". E así remata un feito impropio dunha sociedade moderna ao que Rodíguez pon unha sentenza: "We, the people, as intrusas. E mentres tanto: Partido Popular".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

22 mary

hay que ir vestida de Armani, si no, no se te recibe bien

21 Vaia caroca

Pero como chegou á Porta dos Leóns sen lle pedir acreditación ningunha?? Se hai tres controis antes da porta. Isto é unha caroca como un mundo!!

20 Unhavacamaisnomillo

Pareceumo a min ou Gamela esta mostrando a sua verdadeira faciana cos seus insultos. Un submarino mais dos naranghitos peperos, un troll facendo o traballo suxo e pasandose por un das mareas... Nada novo baixo o sol

1 E ti que

E dos insultos da propia deputada mareante a Testemuña de Xehová tes algo que dicir? http://okdiario.com/investigacion/2...

2 Unhavacamaisnomillo

Claro q teno algo q dicir Gamela, xa fai falla cara para por un enlace á ese diario da desinformacion, se é verdade pareceme tan mal coma os teus insultos, parapetado no anonimato, dunha conversacion publica e non privada.

3 Gamela

nin foi Gamela quen trouxo aquí este enlace a OK nin sei de que estas a falar...? porque non les con calma as cabeceiras dos comentarios antes de botar a lingua a pacer...?

19 É o insulto de Angela certo

Algunha explicación sobre isto? Inventouno Inda ou que? http://okdiario.com/investigacion/2...

1 Gamela

Inda é un rastreiro fdp capaz de calquera cousa con tal de EMPONZAÑAR TODO... Pero Pam ten demostrado sobradamente a súa DESLEALDADE para con todo o mundo que non lle baile a auga e moi especialmente coa "coxa"!!! MISERIAS dunha Campaña Electoral INTERMINABLE!

2 Explicate

Que quere dicir bailarlle a auga. Xa traducides ao galego expresións que fora de Madrid non coñece nindiós.

18 chateau de marijuana

Encántame este cornán (xornal). Todo o mundo vén vomitar o que lle parece. E a algúns comeza a vérselles a auténtica faciana. Incluso insultando e facendo referencia a aspectos físicos. Habería que velos a eles... Algún barrigudo, paticorto, enano e unicellos.

1 Gamela

non confundas o insulto coa descrición da realidade... ou imos ter que limitar a linguaxe de xeito cínico coma fan os ianquis que cando queren falar dun NEGRO chámanlle AFROAMERICANO ? pero matar, mátanos igual de rápido e sen clemencia algunha!

2 chateau de marijuana.

E por que te dás por aludido?