“Es de las mareadas, galleguiña”

Ángela Rodríguez, deputada de En Marea, denuncia o trato vexatorio que recibiu de axentes da Policía Nacional, de persoal das Cortes e de xornalistas cando ía recoller a súa acreditación no Congreso dos Deputados.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 23/08/2016 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

Malia a renovación xeracional que viviron as Cortes españolas no último ano, aínda hai quen non se decatou de que os vellos estereotipos relacionados coa idade e a estética dos deputados caducaron. Non bastaron dúas convocatorias electorais en medio ano e unha radical transformación da paisaxe das bancadas do Congreso e no Senado para afacer a algúns á nova realidade que se vive nos centros de poder do Estado e rachar con prexuízos que, polo visto, seguen vixentes. Así o viviu a deputada de En Marea Ángela Rodríguez, quen experimentou en primeira persoa o desconcerto que aínda xera nalgúns a presenza de deputados mozos de forzas emerxentes que non se corresponden co vello arquetipo do deputado español; máis aínda se es muller... e galega.

Ángela Rodríguez
Ángela Rodríguez

Todo sucedeu este luns, cando a militante de Podemos Galicia foi recoller a súa acreditación no Congreso. Alí, foi parada por dous axentes da Policía Nacional, cando entraba pola porta dos leóns, na Carrera de San Jerónimo, en Madrid, segundo explicou a propia deputada nunha denuncia pública feita dende o seu perfil en Facebook.

"Entro no Congreso pola porta dos leóns, coma sempre. Párame un policía e dime que se lle podo amosar a miña acreditación. Dígolle que aínda non as temos, que son deputada, que lle podo amosar o meu DNI. Mírame con cara de desconcerto e dime que como vou a ser eu deputada con esa cara de nena e así... así (aí miroume de arriba a abaixo)", relata Rodríguez.

Segundo a representante de En Marea, a súa mera presenza causou chanzas dos axentes: "Avisa a outro compañeiro, e dille diante xa de un montón de prensa: «Que la chica esta dice que es diputada, ja ja ja». Ao outro compañeiro tamén lle fai moita gracia o meu intento de autoridade, e deciden escoltarme os dous ao hall para que poida pedir a miña acreditación, xa que é evidente a todos os efectos que non son deputada", continúa a deputada, quen engade: "Atopámonos con outro señor, persoal do congreso, que se suma ás risas e á negativa. Dous periodistas, dos cais non penso dicir o medio, súmanse tamén. Un deles, berrando ben alto con ton burlón di: «Es de las mareadas, galleguiña». Máis risas". 

No seu relato, os problemas de Rodríguez para acceder ao Congreso para recoller a súa acreditación non rematan aí: "Chegamos ao mostrador os dous policías, armas incluidas, o señor do staff e eu, mentres os periodistas de turno seguían co pitillo, o café e a mofa. No mostrador está unha señora tamén do persoal do Congreso que sempre dá os bos días cariñosamente e que nestes meses foi sen dúbida o rostro amable da institución. O meu séquito varonil con máis risas, pídelle que me faga unha acreditación. A muller sen parpadear e mirando fixamente á nada, di: Pase ,señora Rodríguez". E así remata un feito impropio dunha sociedade moderna ao que Rodíguez pon unha sentenza: "We, the people, as intrusas. E mentres tanto: Partido Popular".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

17 Indisciplinada

Primeiro chamanlle" morritos quentes" dapois extende acta de defuncion a "dous bombieros"agora vese acosada por "policias e periodistas"; e mañan que seguro nos conta que coa súa medición o Apóstolo afiliouse a Podemos. Narcisismo enfremizo e prerigodo

16 PAMela Anderson

Menos mal que ata setembro non comeza Via V, o programa de tv altavoz das mareas, porque se non xa tiña Fernanda Tabares catro noites seguidas a esta elementa soltando trolas en prime time.

1 Gamela

canta razón levas... Pam é das que explota a diferencia de xénero (ao seu favor) e calquera cousa convírtea nunha discriminación de xénero e así pilla máis cuota de pantalla... é xusto o que anda buscando para colocarse na primeira liña! Afortunadamente Alexandra é unha persoa cabal e seguiremos téndoa de PORTAVOZ do Grupo En Marea no Congreso mentras Pam seguirá conspirándo con Toné na Cafetería !!!

2 Ana Veira

De que grupo de En Marea é voceira Alexandra no Congreso? Cando se constituíu?

15 O asisente de Echeniqui

O que diz esta señora é pura e simplesmente mentira. Esta mesma foi a que dicía noutro sitio que os homes a acosaban chamándoa 'morritos calientes'. Unha de dúas: ou pretende que se deixe de falar da liorta interna que teñen na Marea sacando estes estrafalarios infundios sobre o mala que é a policía opresora e blablablá, ou é unha persoa aqueixada dun narcisismo inxustificado e que precisa asistencia médica.Estas trolas nen as cren os upegallos de Queremos Gallego.

14 Bufffff

Tampouco me creo nada. Onde di que estaban fumando? Veña, oh, veña... E logo pq non di a que medios pertencen os xornalistas para que teñamos a mesma ou otra versión? Ningún testigo? Q vaia colar milongas a casa da collona. O relato soa similar ao daquel avogado, secretario da fundación q interpuxo a querela contra o franquismo ante a xuiza amiga de Garzón, q disque lle defecaran no despacho e lle moveran dous cuadros uns facistas... Aos poucos días foi detido en Peinador acusado d roubar nuns coches. Ao sair a súa imaxe nos medios, foi acusado por algunha parida d simular ser médico nun hospital e facerlle unha suposta exploración mamaria....

13 Gamela

Pois eu non creo NADA de NADA ! Esta muller leva case un ano dando a vara alá por onde pasa... Non logrou ser SX de PodemosGalicia e seguiu malmetendo todo e máis contra Carmen Santos apoiada polo seu compañeiro e deputado -coma ela- Gómez.Reino e para completar o triunvirato tiñan ao FRACASADO Senador Buitrón para meter máis bulla contra o sector de Podemos que pedía unha "confluencia pactada" con En Marea e non unha ABSORCIÓN completa coma o fin sucedeu !!! Supoño que ese policía non tería moitas ganas de coña se a Sra.Deputada se presentara na porta dos leóns (á carón, pois a dos leóns só se abre para o Rei) e presentara o seu DNI e lle dixera amablemente que era deputada e ía recoller a súa ACREDITACIÓN! Pero se chegas á porta mirando con cara de chulería -ver foto- e non te presentas e non tes acreditación... EU FARÍA EXACTAMENTE O MESMO !!! Qué rápido collen algúns os tics do PODER ! Menos chulerías e máis traballar para a xente do común !!!

1 Gamela

N.B. a mí esta señora me cae GORDA !

2 Pipa

Pois si, ela e mais o Anton morderonlle a man a quen lles dou de comer...o enemigo na casa. Triste pero así é.

3 Sioh Si

Gamela xa sabemos que ti es máis dos pperos e dos naranjitos. Ela conta que se ofreceu a ensinarlle o DNI e que eles seguiron coa burla ou è que o teu odio pola diputada impideche ler o texto e por riba rematas chamandolle gorda. N.B non es mellor ca eles.

4 Gamela

Si oh Si se leras o meu comentario comprenderías dende a primeira liña que NON CREO NADA DE NADA que veña desta trepa declarada e sí por todo iso e por moito máis esa señora caéme gorda e xa veremos se non temos que arrepentirnos de tela coma representante da cidadanía galega en Madrid... (gustalle moito a pasta, e non a italiana, xa que tiveron que lembrarlle que NON PAGARA as cuotas que os deputados de Podemos deben aboar ao Partido... (e cando llo recordaron rematou pagando !) Gorda e por riba CUTRE !!!