“Es de las mareadas, galleguiña”

Ángela Rodríguez, deputada de En Marea, denuncia o trato vexatorio que recibiu de axentes da Policía Nacional, de persoal das Cortes e de xornalistas cando ía recoller a súa acreditación no Congreso dos Deputados.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 23/08/2016 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

Malia a renovación xeracional que viviron as Cortes españolas no último ano, aínda hai quen non se decatou de que os vellos estereotipos relacionados coa idade e a estética dos deputados caducaron. Non bastaron dúas convocatorias electorais en medio ano e unha radical transformación da paisaxe das bancadas do Congreso e no Senado para afacer a algúns á nova realidade que se vive nos centros de poder do Estado e rachar con prexuízos que, polo visto, seguen vixentes. Así o viviu a deputada de En Marea Ángela Rodríguez, quen experimentou en primeira persoa o desconcerto que aínda xera nalgúns a presenza de deputados mozos de forzas emerxentes que non se corresponden co vello arquetipo do deputado español; máis aínda se es muller... e galega.

Ángela Rodríguez
Ángela Rodríguez

Todo sucedeu este luns, cando a militante de Podemos Galicia foi recoller a súa acreditación no Congreso. Alí, foi parada por dous axentes da Policía Nacional, cando entraba pola porta dos leóns, na Carrera de San Jerónimo, en Madrid, segundo explicou a propia deputada nunha denuncia pública feita dende o seu perfil en Facebook.

"Entro no Congreso pola porta dos leóns, coma sempre. Párame un policía e dime que se lle podo amosar a miña acreditación. Dígolle que aínda non as temos, que son deputada, que lle podo amosar o meu DNI. Mírame con cara de desconcerto e dime que como vou a ser eu deputada con esa cara de nena e así... así (aí miroume de arriba a abaixo)", relata Rodríguez.

Segundo a representante de En Marea, a súa mera presenza causou chanzas dos axentes: "Avisa a outro compañeiro, e dille diante xa de un montón de prensa: «Que la chica esta dice que es diputada, ja ja ja». Ao outro compañeiro tamén lle fai moita gracia o meu intento de autoridade, e deciden escoltarme os dous ao hall para que poida pedir a miña acreditación, xa que é evidente a todos os efectos que non son deputada", continúa a deputada, quen engade: "Atopámonos con outro señor, persoal do congreso, que se suma ás risas e á negativa. Dous periodistas, dos cais non penso dicir o medio, súmanse tamén. Un deles, berrando ben alto con ton burlón di: «Es de las mareadas, galleguiña». Máis risas". 

No seu relato, os problemas de Rodríguez para acceder ao Congreso para recoller a súa acreditación non rematan aí: "Chegamos ao mostrador os dous policías, armas incluidas, o señor do staff e eu, mentres os periodistas de turno seguían co pitillo, o café e a mofa. No mostrador está unha señora tamén do persoal do Congreso que sempre dá os bos días cariñosamente e que nestes meses foi sen dúbida o rostro amable da institución. O meu séquito varonil con máis risas, pídelle que me faga unha acreditación. A muller sen parpadear e mirando fixamente á nada, di: Pase ,señora Rodríguez". E así remata un feito impropio dunha sociedade moderna ao que Rodíguez pon unha sentenza: "We, the people, as intrusas. E mentres tanto: Partido Popular".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

7 Sesese

A vida eche así e sempre será. Sempre te atoparás con "simpaticos" na cámara dos deputados, na escola, na universidades, nos traballos etece, etece, etece. Non hai que dramatizar. Quen poidera ter eses vaciles por 4000 a o mes +gastos. Os politicos non me dan pena ninguha

6 ted flanders

Por qué se quejan si solo dicen lo evidente? tenemos que mentir para ser corteses?

1 Hans Moleman

Claro paiaso e vai resultar q cando entran os dos do PP van ese valentes polis e xornalistas a chamarlles corruptos e fascistas. Ben q se meten a lingua no cu e son todo cortesia

5 Comunista

Con xente coma Alexandra e Pam, a circunscrición de Pontevedra está á vangarda do cambio. Rapazas novas, traballadoras e feministas que se curtiron nas mobilizacións, teñen conciencia de clase, non calan a boca e teñen unha boa formación contrarrestada con precariedade e maltrato laboral. Non son "Anas Poltronas" profisionais da política sen oficio coñecido nin sinaladas polos dedazos coroneis mercenario de La Voz de Santi. Son o orgullo da mellor Galiza, e por iso son molestas na metrópole colonial (e tamén para os colonizados e sipaios "galegos").

1 Comunista do BCE

En que mobilizacións? Se Podemos foi publicitado polos medios precisamente para baleirar as rúas.

4 Guillerme Gintonic

Por que non lle pediu o número de placa para denuncialos?

1 Pastelao

E por que diz que melhor não dará o nome dos dois jornalistas? Minte como uma misserável, e todos o sabemos. Não lhe fagáis o jogo.

3 Galeguista do PP

Esta muller debe de ser algo repunante, porque ten problemas alá onde vai. Mentres tanto si: Partido Popular.