“Es de las mareadas, galleguiña”

Ángela Rodríguez, deputada de En Marea, denuncia o trato vexatorio que recibiu de axentes da Policía Nacional, de persoal das Cortes e de xornalistas cando ía recoller a súa acreditación no Congreso dos Deputados.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 23/08/2016 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

Malia a renovación xeracional que viviron as Cortes españolas no último ano, aínda hai quen non se decatou de que os vellos estereotipos relacionados coa idade e a estética dos deputados caducaron. Non bastaron dúas convocatorias electorais en medio ano e unha radical transformación da paisaxe das bancadas do Congreso e no Senado para afacer a algúns á nova realidade que se vive nos centros de poder do Estado e rachar con prexuízos que, polo visto, seguen vixentes. Así o viviu a deputada de En Marea Ángela Rodríguez, quen experimentou en primeira persoa o desconcerto que aínda xera nalgúns a presenza de deputados mozos de forzas emerxentes que non se corresponden co vello arquetipo do deputado español; máis aínda se es muller... e galega.

Ángela Rodríguez
Ángela Rodríguez

Todo sucedeu este luns, cando a militante de Podemos Galicia foi recoller a súa acreditación no Congreso. Alí, foi parada por dous axentes da Policía Nacional, cando entraba pola porta dos leóns, na Carrera de San Jerónimo, en Madrid, segundo explicou a propia deputada nunha denuncia pública feita dende o seu perfil en Facebook.

"Entro no Congreso pola porta dos leóns, coma sempre. Párame un policía e dime que se lle podo amosar a miña acreditación. Dígolle que aínda non as temos, que son deputada, que lle podo amosar o meu DNI. Mírame con cara de desconcerto e dime que como vou a ser eu deputada con esa cara de nena e así... así (aí miroume de arriba a abaixo)", relata Rodríguez.

Segundo a representante de En Marea, a súa mera presenza causou chanzas dos axentes: "Avisa a outro compañeiro, e dille diante xa de un montón de prensa: «Que la chica esta dice que es diputada, ja ja ja». Ao outro compañeiro tamén lle fai moita gracia o meu intento de autoridade, e deciden escoltarme os dous ao hall para que poida pedir a miña acreditación, xa que é evidente a todos os efectos que non son deputada", continúa a deputada, quen engade: "Atopámonos con outro señor, persoal do congreso, que se suma ás risas e á negativa. Dous periodistas, dos cais non penso dicir o medio, súmanse tamén. Un deles, berrando ben alto con ton burlón di: «Es de las mareadas, galleguiña». Máis risas". 

No seu relato, os problemas de Rodríguez para acceder ao Congreso para recoller a súa acreditación non rematan aí: "Chegamos ao mostrador os dous policías, armas incluidas, o señor do staff e eu, mentres os periodistas de turno seguían co pitillo, o café e a mofa. No mostrador está unha señora tamén do persoal do Congreso que sempre dá os bos días cariñosamente e que nestes meses foi sen dúbida o rostro amable da institución. O meu séquito varonil con máis risas, pídelle que me faga unha acreditación. A muller sen parpadear e mirando fixamente á nada, di: Pase ,señora Rodríguez". E así remata un feito impropio dunha sociedade moderna ao que Rodíguez pon unha sentenza: "We, the people, as intrusas. E mentres tanto: Partido Popular".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

2 Erasmo

Mentres os pobos do estado sexan cobardes, que se contentan con encher o bandullo, con fumar, con ir ao bar, e pensen que niso reside a dignidade, cousas coma estas pasarán sempre. Mentres moitas nais crien aos seus fillos varóns coma príncipes e idiotas, o machismo continuará e sobre todo se lle colocas un arma ao cinto, entón crénse estúpidos deuses. Os que de verdade somos demócratas temos que tremer coa deriva fascistas en toda europa, coa homofobia, coa cobardía dos profesores do ensino que nin ensinan, nin educan, nin preparan cidadáns e homes libres. Comos empre o paarán os máis flebes e os máis iludosos e honestos. ¡Merda de humanidade, mono hábilis do carafio!

1 Alberte

La puerta de los leones é a que abre o Día de la Constitución e quando vai El-Rei? Por acaso: Eu queria votar em Falange o 25-S. Obrigado à Marea por incluirem candidatos que defendem a "PATRIA". O meu voto para La Marea Patriótica Independiente (a das JONS é muito galeguista para os verdadeiros patriotas)

1 Hache

Semellas un home de forte conciencia de clase, de xénero e de pobo. Pero decides deixala ó lado e unirte ós gañáns da policía nacional en vexar a unha das diputadas electas polos galegos porque non é da túa corda. Dasme noxo.