David Rodríguez: "PSdeG, BNG e En Marea temos que poñernos de acordo para frear a Feijóo"

O ex alcalde de Manzaneda e número dous da lista de En Marea por Ourense critica nesta entrevista as "patrañas" que utiliza o PP para tentar que anulen a súa candidatura. Tamén destaca a importancia que esta formación lle dá ás provincias do interior e lembra que o propio candidato, Luis Villares, preséntase por Lugo. Sobre Beiras insiste en que segue sendo un "referente con maiúsculas".

Por Xurxo Salgado | Ourense | 05/09/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Fuches o protagonista político a semana pasada. Como levas a denuncia do PP?
Levoa ben sabendo que fixemos as cousas ben. Tanto a Xunta Electoral como o Xulgado de Ourense déronme a razón. Esperamos que todo siga igual.

David Rodríguez, número dous da lista de En Marea en Ourense e ex alcalde de Manzaneda
David Rodríguez, número dous da lista de En Marea en Ourense e ex alcalde de Manzaneda | Fonte: sonradiofusion

Por que cres que o PP fai isto?
Eu penso que o fai por medo porque as eleccións non as teñen gañadas e que a lista de En Marea en Ourense ten moitas posiblidades para abandeirar o cambio na Galiza e por iso o fan por medo. A política deles é privatizar e a nosa é totalmente a contraria. E por iso nos ven como unha ameaza e usan estas patrañas. Pero entendo que a xustiza nos dará a razón.

E como vai esa campaña, tendo en conta que é a primeira vez que te presentas fora dun contexto municipal?
A campaña estamos comezando, facendo actos sectoriais. Xa tivemos a visita de Villares en Ourense na que denunciou a falta de sensibilidade da Xunta cara o sector vitícola xa que aquí os colleiteiros non recibiron ningunha axuda logo das perdas que tiveron o pasado ano.

Pero, ti persoalmente como estás levando a campaña?
Pois eu marchei do concello o 19 e noto un pouco de vertixe porque estas eleccións non teñen que ver coas autonómicas. Volvín a miña profesión no servizo contra os lumes. Temos unha moi boa candidatura cun equipo moi bo e facendo campaña en conxunto e con muito ánimo.

Nas primarias de En marea fuches o máis votado, a que cres que se debe iso?
Pois penso que é o recoñecemento a un traballo moi ben feito no espazo municipal e que a xente que integraba a lista tiña moita traxectoria. Non contabamos con sacar tan bo resultado, aínda que a cuestión de xénero nos tocou a nós. Así temos a Ánxeles Cuña que é un referente no mundo cultura e moi boa persoa.

E cres que hai diferencia entre as provincias da costa e do interior?
Non sei. Non entrei a valorar eses comentarios e que non os vin. Eu penso que non. Sabemos que a Xunta utiliza a diferencia entre costa e interior pero eu penso que é o contrario. Se estamos unidos e gañemos a Xunta pois todo isto vai mudar e será en positivo.

Digoo, porque en Lugo e Ourense, Podemos pouco sacou e mesmo o recoñeceu a súa secretaria xeral?
A verdade non sei o resultado de Podemos aquí, pero eles están dentro da coalición e son un activo máis dentro da equipa de En Marea e a partir de agora hai que cumprir o fin último todos xuntos que é botar a Feijóo de Xunta.

Eu insisto, cres que eses resultados apuntan a unha creba entre o interior e a costa?
Non sei a lectura que facerte. Igual Podemos non está moi consolidado no interior pero non sei valoralo. Nós contentos de que Podemos estea na coalición e, a partir de aí, botar o resto para desaloxar a Feijóo.

En todo caso, candidaturas municipalistas de Ourense pedíronlle a En Marea que teña en conta o interior. Que hai no programa sobre isto?
Pois moito porque o propio Villares é dunha provincia do interior e fixo un gran esforzo para presentarse na súa provincia. Isto demostra unha sensibilidade especial coas zonas do interior e a amplitude de miras para ver que as provincias do interior están cun alto grao de discriminación negativa. E que el se presente polo interior e que a nosa lista sacara tan bos resultados pois é moi indicativo e, sobre todo, da importancia que hai sobre o mundo rural. E isto vai complementado cos membros da candidatura de Ourense. Eu penso que foi moi importante que na lista fora xente das distintas comarcas e que loitaron por moitas cousas do interior.

Por certo, a pesar de ser o máis votado, tiveches que ir de segundo na lista. E escoceu?
Non, para nada. Sabiamos que había corrección de xénero e é normal de que fora Ánxeles Cuña, que é a mellor candidata para representar a provincia de Ourense.

E o caso de Antón Sánchez non influíu?
Antón é un referente, coñecido polos catro anos de AGE e nos últimos tempos como portavoz. É un gran traballador e me parece un gran número un na Coruña e os seus resultados na Coruña foron notables tamén.

Como vai ser a campaña en Ourense?
Agora estamos mapeando toda a provincia e buscando encontros sectoriais e a tocar todos os concellos do país. Agora estamos en precampaña. Contactos con asociacións de veciños, afectados da plataforma do castelo de Monterrei, viticultores, comité en defensa do monte galego... Imos tocar todos os concellos do rural e da provincia e como son unha persoa comprometida co rural, pois vou tentalo facer. Ademais o noso futuro presidente ten unha teima coas provincias do interior. Por iso vai ser unha campaña de pateo para coñecer a demanda dos veciños.

Teredes a presenza de Beiras?
Si.

Onde?
Non sei que forma nin en que lugar.

Segues pensando que é un referente?
Si, con maiúsculas. Ademais xa manifestou que ía estar alí onde o chamaran, como fixo ata agora.

E cres que haberá cambio na Xunta?
Si. Estou convencido

Faime unha quiniela
Feijóo perderá a Xunta por dous ou tres deputados e que o cambio abandeirado En Marea

Pero terá que ter apoios?
Supoño que por responsabilidade política que tanto PSdeG, BNG e En marea nos poñamos de acordo para frear a actual sangría política de Feijóo.

Ves ao BNG nun goberno a tres?
Si, si. E non concibo un goberno sen que estea o BNG. O BNG ten demostrado fórmulas de goberno moi válidas e ten que estar nese goberno a tres. É vital para Ourense e para o futuro de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

15 Ana

Xa dimitiu a Pam que insultou a mulleres e discapacitados? Non, nin llo pexides, logo na Marea sodes tapadores da merde igual que no Partido Podre! E xa cheira que fede! Limpade a casa antes de pedir o voto, que non temos que aturar indecentes como a deputada Pam!

14 Xabier

Eu acabo de colaborar. Veña! Damos feito.

13 Gamela

Unha das cousas boas que ten GC é que hai xente que RASCA o bolsillo https://achegas.enmarea.gal dende que enviei o primeiro post ata agora só pasaron unha poucas horas, e de 35 doazóns pasamos a 63 ! NORABOA !!! IMAXINADE qué pasaría se En Marea cobrase o 3% ?

12 falso choromicas

pero si podreiros e o que esta mantendo o partido putrefacto o pp no gobernó o marijuanato 8 meses mais como si non fose suficiente estes últimos 4 anos, si podreiros mantivo a lei da reforma laboral, a lei da educación, pero si podreiros esta sendo complice do pp... O SEDICIENTE DEREITISMO DO GRUPO PODREIROS E XA VISTO POLO POBO... este señor e o senador e faimerrich e -vieiras e carmenchu e ferrolita e os demais aproveitadores que se vaian directos o inferno de onde sairon... VIVA GAIZA CEIBE E VIVA O NACIONALISMO!!! OS UNICOS PARTIDOS DECENTES SON O BLOQUE E CxG -

1 cansa

Don POdreiros eres ti,que non escrebes comentario algun sen deixar o teu nome coma rubrica... PPodreiros diria eu , polo cariz das tuas criticas,,,,

11 anonimo

Nestas eleccions: O PP busca manterse no poder e que nada cambie, Ciudadanos evitar que non goberne o nacionalismo galego, En Marea evitar que o PP siga gobernando, o PSdeG evitar o "sorpasso" de En Marea... o unico que quere o poder pero para mudar as cousas e que ten un proxecto de pais é o BNG. Por iso cada vez mais xente esta a abrir os ollos e ver cal é o verdadeiro voto util para por fin a emigracion, para o retorno dos emigrantes, para a defensa dos nosos sectores economicos, para que o aforro galego se invirta en Galiza, para ter unha tarifa electrica galega, para defender os servizos publicos e a lingua, etc. Por outra banda En Marea teria bastantes mais opcions con un candidato mais coñecido coma é Beiras que co que presentan.

1 Balbino Fernández

Anonim@, antes Ana, acouga que te perdes... O BNG non quere perder unhas das poucas mamadurrias que lle quedan: colocar deputados, asesores, altos cargos nun hipotético tripartito, e, sobre todo non desaparecer, que todo é posible, do parlamento galego (e adeus Ana e aparato do unto, que sen a graxa das deputacións temporais e catro concellos non alimentamos a tropa). Polo demais, cal é a diferenza do BNG coa Marea ou co PsoEspañol? Un reformismo máis galego? Un entreguismo máis autóctomo? A quen enganas dicindo que os grandes males do país se solventan co BNG? Xa esqueceches o nefasto bipartito! E o papel de comparsa do BNG nas deputacións do PsoEspañol! Que apoiades a Carmela Silva e que Caballero foi criado polo BNG!

2 La pastillita

Asi que te mola Louzán é loquito