“Móvete ben para que os teus fillos te copien”

O Colexio Oficial de Fisioterapeuta de Galicia inicia unha nova acción de concienciación social dentro da súa campaña “12 meses, 12 consellos de saúde”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/09/2016 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

O Colexio Oficial de Fisioterapeuta de Galicia (CoFiGa) lanza este mes de setembro unha nova campaña de concienciación social sobre bos e malos hábitos. Desta vez, trátase de recomendacións sobre como sentar correctamente, como coller obxectos do chan sen perigo, como cargar pesos axeitadamente...

Imaxe do videoconsello “Móvete ben para que os teus fillos te copien”
Imaxe do videoconsello “Móvete ben para que os teus fillos te copien”

Os malos hábitos inflúen directamente na perda de calidade de vida e fomentan as lesións músculoesqueléticas. Segundo os expertos en fisioterapia, "está demostrado que a actividade física é importante para mellorar o estado de saúde dos adultos, pero tamén o é na idade infantil, dado que o 30% dos cativos de 8 anos xa se queixa de problemas de costas". Para evitalo, "os adultos debn ter unha actitude responsable nas diferentes actividades da vida diaria" para que os máis quenos tomen exemplo.

"Vale a pena esforzarse, porque xa sabemos que os máis pequenos adoitan copiar os hábitos dos adultos", comentan dende CoFiGa, cuxo videconsello deste mes é "Móvete ben para que os teus fillos te copien", dentro da campaña “12 meses, 12 consellos de saúde”, en colaboración cos colexios homónimos de Madrid, Cataluña, País Vasco e Navarra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta