Comezan as mobilizacións contra o macrovertedoiro de residuos industriais de Lousame

Terras de Lousame anuncia xa a súa “oposición frontal” a este proxecto polos riscos de contaminación de toda a comarca.

Por Galicia Confidencial | Lousame | 04/10/2016 | Actualizada ás 10:03

Comparte esta noticia

O proxecto de instalar ao pé do Monte Culou, en Lousame, un macrovertedoiro de residuos industriais que enchería 20 hectáreas de monte con máis de 700.000 toneladas de residuos industriais nun prazo de 10 anos está enfrontando aos veciños desta localidade.

Vistas desde o Monte Culou, en Lousame, onde está prevista a construcción dunha marcrovertedoiro
Vistas desde o Monte Culou, en Lousame, onde está prevista a construcción dunha marcrovertedoiro | Fonte: queverengalicia.com

Terras de Lousame xa anunciou a súa oposición frontal a este proxecto, que estará en período de exposición pública até o día 15 de outubro. Por iso, anima á veciñanza e colectivos a formular alegacións ante a Consellaría de Medio Ambiente para impedir “esta nova tentativa de converter o municipio nun macrovertedoiro para os residuos de todo o País”. Ademais, lamenta que, desde o goberno municipal, se ocultase a existencia deste proxecto desde fai máis dun ano.

Entre os tipos de residuos que irían a parar ao vertedoiro encóntranse elementos como residuos de explotacións mineiras, lodos e residuos de perforacións, neumáticos, residuos do refinado de petróleo, residuos agroquímicos e con disolventes, residuos de plantas de incineración de residuos, resíduos de crematorios, lixiviados de vertedoiro, etc.

“Isto resulta especialmente preocupando tendo en conta que o lugar onde se proxecta instalar o macrovertedoiro é a parte alte dun vale desde onde manan os regos e fontes necesarias para as explotacións gandeiras de varias aldeas”, apuntan deste este grupo.

Por outra banda, o representante do Grupo Terra de Lousame na Mancomunidade "Serra do Barbanza", responsábel da planta de residuos de FCC situada en Lousame, presentou este mesmo mes unha moción ante a asemblea desta entidade supramunicipal para que esta recoñecese "o impacto negativo na vida dos habitantes das aldeas máis próximas á planta de tratamento de RSU", adoptando medidas compensatorias así como un orzamento anual específico para "a realización de análises da calidade das augas dos cursos próximos á planta de tratamento, así como das traizoadas dos veciños", que deberían ser públicos.

Teresa Villaverde, alcaldesa popular de Lousame, que ocupa o cargo rotativo de presidenta da Mancomunidade, vetou a toma en consideración desta moción, argumentando que este asunto non estaba dentro das competencias da Mancomunidade. Terra de Lousame anuncia que presentará un recurso contra esta actuación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta