Hai un mes que Anxo Quintana viaxou a Bos Aires e Montevideo como vicepresidente da Xunta. En ambalas duas cidades aproveitou para inaugurar novas sedes do BNG. Pero, segundo nos informan, a situada en Pasco 494, preto do Centro Galego, na capital arxentina, aínda non abriu "un só día" as súas portas.
É xa cansino o ter que aturar un día sí e outro tamén comentarios anónimos, ofensivos ca xente do BNG, provenientes non se sabe de donde... De feito, cando na web de Galiza Nova había comentarios, resulta que pola IP atopouse que algúns deles eran enviados desde un cartel da Garda Civil.
Propoño ós editores de Galicia Confidencial que se eliminen os comentarios ofensivos, que non aportan nada e só buscan dañar ó BNG.