Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2016 | Actualizada ás 12:03
O histórico hospital La Rosaleda, fundado no seu día por históricos galeguistas, está a piques de ser vendido ao consorcio privado madrileño HM Hospitales. Unha situación que, en principio, non vai mudar o concerto que mantén actualmente coa Xunta.
A este respecto, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña,remarcou que o Sergas esixirá "as mesmas condicións" de asistencia para manter o concerto co centro. "(A venda) entra dentro do ámbito privado e aí somos moi respectuosos, pero temos un concerto e á nova empresa, ao novo conxunto de accionistas, esixirémoslle as mesmas condicións", avanzou Almuíña, en declaracións aos medios, antes da sinatura dun convenio de colaboración con Down Galicia en Santiago.
O grupo sanitario privado compostelano La Rosaleda --que conforman os hospitais La Rosaleda e La Esperanza, e o Centro médico de Lalín-- avanzou nos últimos días nas negociacións para cambiar en breve de propietarios e pasar a mans doutro grupo privado madrileño.
En concreto, a súa adquisición terá lugar por parte de HM Hospitales, que xa ten implantación en Galicia, posto que nel se integraron en 2014 outros dous centros da Coruña: o Hospital Modelo e a Maternidade Belén.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.