Crise interna no PP de Vigo

Elena Muñoz nega irregularidades no proceso congresual do PP vigués: "Calquera que se queira presentar pode facelo".

Por E.P. | VIGO | 09/11/2016 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

O PP de Vigo volve a estar inmerso nunha nova crise interna. Unha crise soterrada durante anos e que volveu saír á luz tras a decisión da voceira municipal deste partido, Elena Muñoz, de querer ocupar a secretaria local deste partido. Unha decisión que foi moi criticada por determinados sectores.

Elena Muñoz do PP de Vigo na noite electoral do 24M
Elena Muñoz do PP de Vigo na noite electoral do 24M

Por iso, a voceira do PP de Vigo e aspirante a presidir a formación na cidade, Elena Muñoz, negou este mércores "irregularidades" na convocatoria e proceso congresual que culminará o 17 de decembro coa elección do relevo de José Manuel Figueroa.

"As decisións que se tomaron na xunta local (que convocou a cita) foron por maioría. A igualdade está absolutamente garantida cumprindo todos os estatutos do partido e dando oportunidade a todos os militantes a presentarse reunindo os apoios e os avais establecidos. Entendo que a pluralidade é a máxima e calquera que se queira presentar pode facelo", remarcou, nunha entrevista na Radio Galega.

Pola súa banda, recordou que o pasado venres xa deu "un paso adiante" antes de engadir que, dende logo, "reafirma" o compromiso coa cidade de Vigo. O "compromiso" que adquiriu --remarcou-- hai case dous anos de "traballar de forma activa e directamente por Vigo", a súa cidade.

Muñoz defendeu que a urbe necesita "unha política e uns principios" que, ao seu xuízo, "representa o PP". "Síntome absolutamente responsable da decisión que tomei e agora quero dar outro paso adiante tamén para dirixir o PP de Vigo porque o PP de Vigo é moi necesario nesta cidade", defendeu.

Non en van, resaltou que o PP é unha formación que fixo "muchísimas cousas por esta cidade, que tivo dous grandes alcaldes, Manolo Pérez e Corina Porro, e que ten moito que decidir no futuro da cidade".

"TRABALLA MÁIS POR PONTEVEDRA"

Muñoz indicou tamén que o alcalde vigués, o socialista Abel Caballero, "parece máis preocupado pola política nacional e pola política rexional que por Vigo". De feito, incidiu que é "das cousas que máis se está a notar nesta cidade: o absoluto desapego que ten o alcalde polos problemas dos vigueses".

"Temos un alcalde que vai facendo xira por España e por Galicia, temos un primeiro tenente de alcalde que está moi ocupado na Deputación de Pontevedra e grande parte do equipo de goberno tamén está a traballar máis por Pontevedra que por Vigo. Esta é unha das razóns polas que a cidade está neste momento na situación na que está", subliñou.

De Caballero censurou a súa "prepotencia e soberbia". "Este alcalde non quere escoitar a ninguén máis que a si mesmo e este alcalde, con 17 concelleiros, ten a cidade máis paralizada que nunca na historia", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

¿Qué fai a oposición en Vigo? O inverno está a chegar e un ano máis os sen teito morrerán nos choupanos, mentres o alcalde vende 15 pisos de propiedade municipal e regala 3,7 millóns de euros á Empresa Grupo Cinco propiedade de Florentino Pérez? Este é o verdadeiro rostro do Socialismo de Saloom en Vigo = https://youtu.be/mAwdvsVbGNU

2 Gamela

Vigo ten novas máis interesantes que estas... cando ten que ser un rumano quen diga as verdades coma puños na cara de Abel Caballero... ESTO É POLÍTICA DE OPOSICIÓN. O demáis sonche lerias baratas!!! http://www.plataformacdt.info/un-si...

1 unto

Hai pelexas porque dise que vai Rueda para as municipais.