Por Galicia Confidencial | A Coruña | 11/12/2016 | Actualizada ás 20:00
O ex alcalde socialista da Coruña, Paco Vázquez, volverá a ser protagonista político por un día. E, desta volta, non será da man do seu partido de sempre, senón do seu principal rival ao longo dos seus anos na alcaldía, o PP.
E é que Novas Xeración do PP da Coruña convidarono a unha Charla-Coloquio sobre 'Consensos en torno a la Constitución Española'. Un evento que terá lugar o vindeiro luns 12 de decembro ás 20:00 horas na Fundación Barrié.
Vázquez comparecerá rodeado doutros dirixentes políticos xa que, xunto a el, na mesa, estarán tamén José Luís Meilán Gil, que, coma el, tamén foi deputado na I Lexislatura e o actual deputado do PP, Miguel Lorenzo Torres. A moderación da charla correspondera a Jorge Quindimil López profesor Universidade da Coruña.
Vázquez foi alcalde da Coruña durante vinte e tres anos, entre 1983 e 2006, e até 2011 foi o embaixador español no Vaticano. Desde hai uns anos está fora da primeira liña política e, mesmo, afastado do seu partido. De feito, foi moi crítico co PSOE nos últimos anos e deixouse querer por Ciudadanos, con cuxo líder, Albert Rivera, tamén chegou a compatir mesa de debate.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.